Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2025 | Actualizada ás 11:45
Unha asemblea celebrada este domingo 24 reuniu a profesionais de distintos colectivos que traballan no sistema de sanidade galego, onde acordaron a creación dunha plataforma chamada Sanidade Galega con Palestina. Esta insta as autoridades sanitarias e científicas a cortar lazos institucionais e económicos co Estado de Israel.
Segundo un comunicado difundido polos promotores, ademais de romper relacións con Israel, a súa intención é "agrupar persoas do ámbito sanitario que rexeitan o xenocidio en Palestina" e instar a que todos expresen a súa repulsa aos feitos e amplificar o movemento de boicot.
Os representantes de Sanidade Galega con Palestina subliñan a necesidade de evitar a prescrición e dispensación de produtos de grandes farmacéuticas israelís e marcas asociadas. No entanto, reclámase o posicionamento "inmediato" de sociedades científicas e colexios profesionais, ademais de esixir ás distintas institucións gobernamentais a posta en marcha de accións eficaces para frear as mortes en Gaza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.