Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2025 | Actualizada ás 16:09
O presidente da Confederación Hidrográfico Miño Sil, José Antonio Quiroga, anunciou este mércores en Lugo que xa non hai alarmas por seca nesta demarcación, aínda que se hai unha das zonas, a da Limia, "que é a máis delicada", que está en prealerta. Aínda que matizou que esta situación está pendente "de como avanza a climatoloxía", xa que se segue chovendo suspenderase tamén.
O responsable do organismo de conca explicou que A Limia ten un acuífero moi superficial "e unha razón clara para que entre en prealerta", xa que é a época da rega da pataca e do resto de cultivos, "e iso axuda a tirar dunhas reservas de auga que non son infinitas". Aínda así, Quiroga explicou que se está vivindo un momento de "total normalidade, quitando este punto", pero que non se saberá ata o mes de outubro se haberá que declarar a alerta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.