Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2025 | Actualizada ás 17:52
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu a un home acusado de abusar sexualmente da filla da súa parella, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e recolle o fallo.
Os feitos denunciados sostiñan que o investigado, en datas de 2020, realizáballe tocamentos á moza en numerosas ocasións nos momentos que ambos estaban no domicilio familiar ou no coche.
Agora, na sentenza, as maxistradas consideran que a declaración da vítima é "imprecisa e contraditoria" e que "non conta con elementos periféricos que a corroboren", polo que o tribunal indica que non quedou probada "a participación do acusado nos feitos".
En concreto, sinalan que "non quedou probada nin a realidade do feitos obxecto de acusación, nin a participación nos mesmos do acusado". No xuízo, o Ministerio Fiscal e a acusación particular, ofreceron, como principal proba de cargo, o testemuño da suposta vítima.
"O cal valorado en conxunto, xunto cos demais medios de proba, tanto as demais probas persoais, resto de testificales e declaración do acusado, como periciais, obríganos a chegar a aquela conclusión e ditar sentenza absolutoria", recalca tamén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.