Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/09/2025 | Actualizada ás 20:23
O actor galego Antonio Durán 'Morris' será un dos encargados de presentar a gala dos Premios Feroz 2026, que se celebrará en Pontevedra por segundo ano consecutivo, neste caso o 24 de xaneiro no Pazo da Cultura. Xunto á xa anunciada Samantha Hudson, Morris será un dos catro presentadores e presentadoras que conducirán a gala dos Feroz 2026. Os dous nomes que quedan por coñecerse iranse revelando ao longo das próximas semanas.
O actor iniciou a súa andaina en series como 'Pratos combinados' e 'Padre Casares', ademais, presentou diversos programas da TVG e alcanzou gran popularidade a nivel nacional polas súas colaboracións en series como 'Los Serrano', 'Los hombres de Paco', 'Hospital Central', entre outras. Con todo, foi con 'Fariña' e co seu papel de Charlin polo que recibiu en 2019 o Premio Feroz a mellor actor de reparto dunha serie, así como o Premio da Unión de Actores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.