Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2025 | Actualizada ás 15:02
O Goberno galego impulsará unha nova lei que busca "reforzar" a presenza do cooperativismo en ámbitos estratéxicos e que, entre outras novidades, crea "por primeira vez" un marco específico para as cooperativas no sector dos coidados, con orientación á prestación de servizos a maiores ou persoas con discapacidade ou en situación de dependencia.
Así o anticiparon, ao termo da reunión semanal do Executivo, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, quen acompañou ao xefe do Executivo na súa comparecencia ante os medios. Na súa intervención, González apuntou ao Executivo estatal e incidiu en que debe tamén dar pasos normativos encamiñados a mellorar as obrigacións fiscais das cooperativas e "adecualas" desde o punto de vista impositivo aos deberes doutros tipos de empresas.
Pola súa banda, o presidente galego, Alfonso Rueda, destacou que a futura normativa prevé promover novas cooperativas en sectores estratéxicos, especialmente, no rural. Tamén salientou que se regularán, por primeira, as cooperativas no sector dos coidados, da enerxía e da residencias de estudantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.