Controlado o incendio da Gudiña, que rolda xa as 60 hectáreas

Extinguido o lume de Fisterra tras queimar 24 hectáreas de monte raso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/10/2025 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informou de que o incendio rexistrado na Gudiña sobre as 19.45 horas deste domingo quedou controlado pasadas as 14.00 horas deste luns tras afectar a unha superficie que, segundo as estimacións provisionais, rolda as 60 hectáreas. O lume rexistrouse na parroquia de Parada da Serra e para a súa extinción mobilizáronse un técnico, oito axentes, 14 brigadas, nove motobombas, unha pa, dous helicópteros e dous avións.

Así mesmo, o lume rexistrado en Rodeiro, na parroquia de Carboentes, permanece controlado desde as 8.20 horas deste luns. Este lume iniciouse ás 14.26 horas do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 29 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse dous técnicos, sete axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, dúas pas, seis helicópteros e seis avións.

Varios bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Lornís, a 18 de setembro de 2025, en Pantón
Varios bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Lornís, a 18 de setembro de 2025, en Pantón | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

EXTINGUIDO LUME DE FISTERRA

Por outra banda, o incendio forestal no concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, que afectou a 24,53 hectáreas de monte raso, quedou extinguido ás 19.11 horas deste domingo. O incendio comezara ás 18.46 horas do sábado e logrouse controlar ás 10.31 horas deste domingo, segundo informou a Consellería de Medio Rural. Para a súa extinción mobilizáronse 10 axentes, 13 brigadas e 12 motobombas, segundo os último datos difundidos polo departamento autonómico responsable en material forestal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta