Temas: 25X

Nova manifestación xuvenil independentista o 24 de xullo

A marcha terá lugar o vindeiro 24 de xullo ás 20:00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela baixo o lema “Galiza somos nós” e está convocada por Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e Xeira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/07/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

As organizacións xuvenís nacionalistas e independentistas Briga, Erguer, Galiza Nova, Isca! e Xeira presentaron en Compostela a cuarta edición da manifestación xuvenil unitaria do día 24 de xullo, véspera do Día da Patria Galega.

Presentación da 4ª marcha xuvenil independentista o 24 de xullo
Presentación da 4ª marcha xuvenil independentista o 24 de xullo

“Esta unión non se debe a unha casualidade, nin a un mero xesto simbólico, é por que concordamos en que moitas cousas teñen que mudar para que a nosa nación, Galiza, saia adiante e o noso pobo teña unha vida digna”, apuntaron os organizadores nun manifesto.

Indicaron que a emigración á que se condena a mocidade galega está “deseñada desde a estratexia capitalista” co obxectivo de “ser a man de obra barata que sustente as grandes multinacionais”. Sinalaron ao Estado Español e mais á Unión Europea como os principais culpábeis desta situación. Denunciaron, así mesmo, a posición da UE a respecto das persoas refuxiadas, “que foxen das guerras imperialistas ou os gobernos fascistas que a mesma UE promove e apoia”.

Estas organizacións insistiron no seu compromiso coa defensa da nosa lingua e cultura e a defensa do medio ambiente. Por iso, ven preciso “ loitar contras as agresións que sofre o idioma con leis españolizadoras coma a LOMCE, para que non nos poñan impedimentos cando queremos vivir nosa vida integramente en galego”, así como a denuncia da noa lei de acuicultura os os “modelos de falsa reciclaxe” como SOGAMA.

Denunciaron tamén a loita “que afecta á metade da poboación mundial, a loita das mulleres” revindicando un mundo onde “todas as persoas sexan tratadas por igual. Que non se discrimine, que non se viole, que non se agrida, que non se menosprece, que non se subestime, que non se infravalore e que non se asasine a unha persoa simplemente por ser muller.” En consecuencia o feminismo estará presente na marcfa convocada, así como as revindicacións das liberdades sexuais.

Finalmente recordaron ás persoas independentistas presas por motivos políticos, ás que se lles aplican “leis inxustas e represoras, leis que as dispersan e que non só as fan sufrir a elas, se non tamén a familiares e amizades.” A marcha terá lugar o vindeiro 24 de xullo ás 20:00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela baixo o lema “Galiza somos nós”.

Temas: 25X
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 FRPU

E TerraGz? https://www.facebook.com/terragz O Sr. Glez. non foi quen de manter o seu harén?

5 Dealer

Vai ser un bo día para o meu negocio farlopeiro, aínda que a clientela será máis pequena que outros anos

4 centralista

si oh si vos manifestadevos a ver candos dos noutro tempo adalides do camiño da independenza da nazon van ir a esa ... como chamala quedada de incautos, candidos, ingenuos, papanatas...seguro que habaera codazos e empurrons por ir diante de todo suxeitando a pancarta como cando foi do prestige.

3 Alberte

O problema está en que non vos creemos. Non creemos ó IBEX 35 e PODEMOS. Pero tampouco vos creemos a vós. Iso é onde radica o problema. E non é porque esteamos mediatizados. É que vos conhecemos. E non sodes nin por asomo o que dicedes ser.

2 LEGE

E estes de Galiza de repente son independentistas?. O que fai ser cada vez menos...véndense para ser o que rexeitaron toda a vida.