Piden ao presidente de Balearia que non sancionen ao traballador que dixo non entender catalán

Na petición anuncian que boicotearán a esta compañía se persiste en sancionar ao camereiro por “hablar español en España”.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/07/2016 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A plataforma hazteoir.org activou unha petición para que Balearia non sancione ao camareiro galego  que lle dixo ao cantante catalán Quimi Portet que non entendía catalán.

O camareiro que dixo que non entendía catalán ou mallorquín, pero si galego, inglés, francés e italiano nun ferri de Balearia
O camareiro que dixo que non entendía catalán ou mallorquín, pero si galego, inglés, francés e italiano nun ferri de Balearia

Baixo o título de “Baleria: En España también se habla español”, M. Vidal Santos, cidadán que activou a campaña, lémbralle ao presidente de Balearia, Adolfo Utor, que en España tamén se fala español e que sancionar a un traballador por atender en español a un cidadán español a bordo dun dos seus barcos “no solo es una insensatez, también es un atentado contra el derecho más elemental: el de poder utilizar la lengua común de los españoles en España”.
“No tenga la menor duda: dedicaré todos mis esfuerzos a boicotear en todos los ámbitos a su compañía Balearia si persiste en su intención de sancionar al camarero que atendió a un cliente en español”, indica na súa petición.

Quimi Portet, que pertenceu a un grupo “El último da fila", denunciou a este camareiro dun ferry de Balearia cando pediu un café con leite en catalán.  “Mira, en galego, español, francés, inglés y hasta en italiano te entiendo -respondeu o camareiro-, en catalán ou mallorquín, ya no”.

O cantante denunciou ao traballador a través das redes sociais, esixindo que fora sancionado. A empresa comunicoulle que o comportamento do camareiro era "inadmisible" e anuncia que iniciará unha investigación para sancionalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anónimo

Tão difícil é entende-lo catalão? A mim não mo parece.

1 Hermerico

Pu to galleguiño de mi erda. Vai que che deam trabalho em Espanha