Os críticos de Podemos apoian a Carmen Santos

Antón Gomez Reino (TONE) e Angela Rodríguez (PAM), non son membros da corrente crítica de Podemos Galicia, tanto Tone como Pam presentáronse ás eleccións internas que PERDERON con Carmen Santos Queiruga como "a corrente oficial do partido", por tanto é INACEPTABLE que algúns medios de comunicación estean a dar a noticia sobre a deslealdade destes membros do partido para coa nosa secretaria xeral, facendo ver que son os críticos quen promoven este enfrontamento ou que Tone é quen os lidera....non se sabe se é desinformación ou malas artes pero en calquera caso a noticia é errónea.

Por Carlos González Armada | Vigo | 08/07/2016

Comparte esta noticia

Chegados a esta aclaración debemos de incidir "Os CRÍTICOS"....a corrente crítica verdadeira, a que se opuxo a Pablo Igrexas contra o Breoganazo, a que se enfrontou a Tone e a Pam cando eran membros do CCA dimitido, a que desvelou todos os manejos internos anómalos de Podemos Galicia na época Breoganista, os que denunciaron o machismo interno do partido...eses...os verdadeiros críticos hoxe encadrados en dous bloques, os inscritos de Podemos en Ferrol en Común, e os de Xuntos Podemos (que acolle aos do resto de Galicia), APOIAN TOTALMENTE A CARMEN SANTOS QUEIRUGA para que manteña a súa folla de ruta e realice a consulta ás bases sobre se ir en solitario ou dentro dunha coalición nas próximas autonómicas, e sobre as inescusables primarias para elixir o candidato a estas

Esta postura é incuestionable, e aínda que os inscritos de Podemos dentro de Ferrol en Común ou os que están dentro de Xuntos Podemos NON REPRESENTAN A TODAS As BASES DE PODEMOS GALICIA estamos convencidos de que todos os membros que se consideren base, ou polo menos a súa inmensa maioría, teñen que pensar da mesma forma, non cabe outra consideración....o que namorou ao pobo de Podemos foi o ser diferente, a posibilidade de poder decidir, de poder participar, e esa foi a base do seu crecemento desproporcionado en tan pouco tempo...es imposible pensar que toda esa xente, as bases do partido, agora prefiran que decidan por eles, é impensable crer que as bases de podemos en Galicia, polo menos a inmensa maioría das bases non estean a apoiar a Carmen Santos Queiruga na defensa da súa folla de ruta

O problema actual vén dado pola falta de vergoña dalgúns membros electos como Celtia Travesas e Patricia Grela que deberían de dimitir de forma inmediata por trásfugos internos. Estas dúas "señoritas" presentáronse ante a xente de podemos defendendo un proxecto e por ese proxecto foron elixidas, é totalmente desvergonzante dar as costas agora ao proxecto polo que foron elixidas para "trepar" ou recibir prebendas a cambio. O transfuguismo, tal e como lle temos concibido, refírese a cando alguén abandona a agrupación política pola que foi electa e únese a outra. Esta realidade, evidencia o escaso ou nulo vínculo que existe entre os partidos políticos e os seus cadros electos, pero tamén reflicte o limitado ou nulo nexo dos partidos coa cidadanía, xa que non lles importan as decisións do electorado.

Por tanto Celtia Travesas e Patricia Grela están a demostrar ter nula empatía polos compañeiros de Podemos Galicia que votaron por elas, é máis eu diría que están a ter pouco respecto por eles. Por iso sería incuestionable que deberían de producirse 4 dimisións inmediatas, as de Celtia Travesas, a de Patricia Grela, a de Antón Gomez Reino e a de Angela Rodríguez.....se non é así haberá que tomar en conta outras opcións e outras posturas máis drásticas, pero se non é así xa poden dar por perdidas as eleccións autonómicas e xa poden dar a día de hoxe por adxudicada unha maioría moi ampla, senón absoluta, a Alberto Núñez Feijoo.......ai un feito que e penoso e patetico, y e que o contrario non necesita matarnos,  suicidámonos nos sóliños

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA