Ah si?? Vai a gobernar para todos?? Pois lendo os da túa especie parece mais ben o contrario.
Impoñendo a lingua?? Moito vos gosta esa palabra. Pero ninguén falou (nin sequera ti) cando os teus amigos das FAES recoñeceron que a normalización parou a imposición do castelán en Galiza. Eles mesmo o recoñeceron. Criticaches esas declaracións?? Verdade que non?? Claro, hai "imposicións" e "imposicións ficticias". Estas últimas e as que vos interesan. Eu aínda non atopei a ninguén que me explicara en que consiste esa imposición do galego.
Mira anonimus e demáis bífidos, o que vos molesta e que vos teñamos pillados e ter que recoñecer coma "éxitos", verdadeiros fracasos coma as recollidas de firmas e a manifa de febreiro: 3000 persoas e tendo que traer a xente de fora para facer bulto.
Derroche?? Que derroche?? Refirestes a cidade da cultura?? Esa obra que comezou no 1999, previndo ese gran lumbreras de Pérez Varela que custaría 120 millóns e cando chegamos o 2005, xa estaba previsto deixar enterrados 600 millóns. Non claro, neste pais somos así. Aquí se roubas ou malgastas o tes que facer o grande. Entón faranche un monumento. Acórdome da famosa neveira de Quintana. Si esa anonimus, que tiña 600 en bebidas. Tívoa que ensinar e demostrar que era unha neveira comprada no LIDL por 15 con soamentes refrescos. Tremendo derroche.
Agora a lingua é de todos os galegos...vaia..cría que era só do BNG. Coidado, que non te escoiten os lumbreiras dos bífidos a ver se van pensar que tes algún virus independentista. Esa xente non acepta outra opinión que non sexan as súas.
Non insulto. Cando dixen que ti de demócrata pouco, volve a ler os teus comentarios. Eu soamentes che puxen os datos obxectivos. Ti padeces o gran problema da dereita española: crer que o poder e voso e de ninguén máis. E polo tanto podedes facer o que vos pete. Esto se está vindo en Madrid, Valencia e Baleares. En Madrid o PP consegue maioría absoluta. Pregúntalles que lles está pasando coa sanidade pública (estanna privatizando completamente). Seguro que se lles preguntara, seguro que a inmensa maioría dos madrileños quererían sanidade pública e universal.
En canto a pobreza intelectual e hooligan...pois mira, os teus comentarios neste foro redúcense a isto: "tomad tomad y tomad, nosotros ganamos y vosotros no. Ahora haremos lo que nos de la gana y los del bloque teneis cuernos y rabo".
Pois a verdade se o máximo que podes dicir e iso...que queres que che faga. Propoñerte para o Nobel??