Comeza a campaña de visitas guiadas á Costa dos Castros

As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

Por Galicia Confidencial | Oia | 27/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A partir deste xoves 28 comezan as visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Oia, promovidas pola Asociación Costa dos Castros, o Concello de Oia e empresas colaboradoras como Terras Gauda. As visitas durarán todo o verán, son gratuítas e teñen por obxecto dinamizar o turismo da zona.

Un grupo de xente visita as escavacións do castro da Cabeciña, en Oia
Un grupo de xente visita as escavacións do castro da Cabeciña, en Oia

As visitas teñen dous formatos. Por unha banda, unha serie de visitas con horarios fixos e por outro, as que só se farán baixo demanda de grupos. Dentro das visitas regulares ofertadas están visitas diúrnas á Cabeciña (diarias, excepto luns) cun percorrido polos 4.000 anos de historia deste complexo arqueolóxico, Visitas nocturnas á Cabeciña, visitas ao barrio do Arrabal (sábados e domingos), que é o barrio que rodea o Mosteiro de Oia e visitas a Terras Gauda (diarias).

Ademais, a Asociación Costa dos Castros ofrece visitas que se realizarán baixo demanda de pequenos grupos: ao xacemento de Chavella coas súas espectaculares vistas, ao castro de Cano dos Mouros para coñecer ás súas lendas e ao petróglifo de Auga dos Cebros, cunha representación dun barco mediterráneo do II milenio a. C.

Para máis información, horarios e reservas pódese chamar ou contactar por Whatsapp ao 666435832, escribir a costadoscastros@gmail.com ou consultar na web (www.costadoscastros.com) e Facebook (www.facebook.com/costadoscastros) da Asociación Costa dos Castros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta