Os bilingües galego-castelán adaptan o idioma e trazos dialectais en conversas conflitivas

Un investigador da Universidade de Vigo conclúe nun estudo que "os falantes bilingües modulan o seu repertorio de estilos conversacionais para aproximarse ou afastarse dos seus interlocutores e, ao mesmo tempo, construír a súa identidade".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Os falantes bilingües modulan o seu repertorio de estilos conversacionais para aproximarse ou afastarse dos seus interlocutores e, ao mesmo tempo, construír a súa identidade no propio discurso". Así o conclúe un estudo empírico sobre acomodación lingüística na interacción bilingüe galego-castelán en situacións de conflito conversacional.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O estudo, do investigador da Universidade de Vigo Jorge Diz Ferreira, tamén conclúe que "en secuencias de conflito nas que o enfrontamento é explícito", as estratexias discursivas de converxencia ou diverxencia "son moi importantes á hora de mostrar adhesión ás formulacións daqueles participantes cos que os falantes se senten máis identificados; e, ao contrario, o afastamento daqueles con quen os falantes non concordan maniféstase a través de estilos diverxentes".

Así, por exemplo, o cambio de rexistro de idioma nunha conversa pode supoñer que o suxeito quere adherirse ao seu interlocutor cando adopta a mesma lingua, ou que busca marcar distancias con este ao usar un idioma distinto ou códigos dialectais propios dunha lingua, como a gheada ou o seseo no caso do galego. Precisamente estes dous casos foron identificados e analizados no estudo de Diz Ferreira.

ESTUDO DE CASO

A investigación parte da análise interaccional de conversacións entre falantes bilingües galego-castelán, todos eles membros dunha mesma rede social, artellada arredor de persoas emigradas do medio rural, neste caso, do municipio de Gondomar á cidade de Vigo. "Os falantes teñen, polo tanto, distintas bagaxes culturais e, en consecuencia, uns estilos conversacionales non sempre coincidentes", segundo explica o autor do estudo. O investigador da Universidade de Vigo adianta na exposición do seu estudo que "os emigrantes, despois de que actúan como bisagra entre o mundo rural e o mundo urbano, dispoñen duns repertorios comunicativos que inclúen non só aqueles estilos máis próximos ás formas de fala rurais, senón tamén uns estilos máis próximos aos estándares urbanos". Isto permítelle diferenciar os distintos rexistros que se van adoptando nas distintas situacións da conversa.

Para a análise, o investigador seleccionou varias secuencias dunha conversa no medio rural. Nela, participan polo menos dúas persoas emigrantes (Pepe e Isabel), os seus dous fillos (José e Kevin) —cuxa socialización é esencialmente urbana— e outros falantes de adscrición rural (Paco e Jorge). A conversa prodúcese unha mañá de novembro na casa que a nai de Isabel e Paco (Chona) ten na aldea e onde os emigrantes van de visita para instalar un novo televisor, que, presumiblemente, será máis fácil de utilizar para a anciá. Este feito provoca unha reacción contraria por parte de Paco, a persoa que se encarga de coidar a Chona. As conversas, rexistradas e  analizadas, foron transcritas seguindo as convencións do Corpus de Fala Bilingüe Galego/Castelán (Co.Fa.Bil.) da Universidade de Vigo, que, á súa vez, están adaptadas do modelo de Álvarez Cáccamo (1991). 

Na análise das convesas obsérvase que "a negociación do código nesta interacción é unha estratexia cooperativa, xa que os falantes tratan de converxer co código dos seus interlocutores e minimizar as consecuencias das súas intervencións na secuencia de natureza conflitiva". Ademais, unha "certa fluctuación entre os códigos" amósase como "un fin cooperativo e como un mecanismo de atenuación do desacordo".

Diz Ferreira tamén salienta que "a negociación do código permite aos falantes construír a súa identidade conversacionalmente".

A GHEADA E O SESEO PARA DIFERENCIARSE

Unha das partes máis interesantes deste estudo é que analiza os trazos dialectais dos falantes, que "constitúen, como a elección do código, importantes indicios de contextualización á hora de analizar a construción das identidades no discurso", explica o autor, quen descirbe que "os falantes empregan os seus repertorios lingüísticos, en que se inflúen (ou non) estilos con indicios de fala local, patrimonial, rural para mostrar a súa vinculación co mundo rural e coas variedades patrimoniais que alí se utilizan".

"A ausencia de marcas dialectais, como a gheada e o seseo, nos estilos dos nosos informantes, é un indicio do seu distanciamento con respecto ao mundo rural, mentres que a súa presenza é un trazo característico dunha variedade local máis rural", argúe o investigador. 

Estes trazos dialectais contribúen, para Diz Ferreira,  "á aproximación ou ao afastamento dos estilos dos interlocutores e, en consecuencia, ao establecemento de identidades conversacionais asociadas a un mundo local rural (con variantes locais de gheada e de seseo) ou, ao contrario, de identidades conversacionales máis próximas ao mundo rurbano [xente do do rural adaptada ao mundo urbano] (cuxo estilo se podería caracterizar pola ausencia destes trazos ou, en todo caso, por unhas variantes menos marcadas). 

Tras analizar os rexistros das conversas, o investigador da Universidade de Vigo conclúe que no enfrontamento entre os interlocutores, as súas diferencias "reflíctense discursivamente a través dos indicios de contextualización, que manifiestan construcións identitarias dos falantes diferentes e a súa vinculación con mundos culturais distintos". 

No transcurso da conversa, Diz Ferreira ve como as dúas partes que entran en conflito converxen primeiro no uso do español e logo mudan ao galego, en ambos os dous casos para "mitigar" o desacordo, aínda que cando recorren á lingua galega fanno "con estilos conversacionais substancialmente distintos". Así, mientres un está "próximo aos estilos rurais, nos que son frecuentes os trazos dialectais da gheada e o seseo, característicos da súa zona, o Val Miñor, o estilo dos emigrantes [...] caracterízase por unha ausencia de tales fenómenos". Na súa interpretación sobre estes trazos, Diz Ferreira conclúe que se dá unha estratexia de "acomodación diverxente" por parte dos que non usan a gheada e o seseo, "coa finalidade de remarcar o seu posicionamiento antagónico" con respecto a outra parte en disputa.

-------------------------------------------------------

Jorge Diz Ferreira. (2016). La acomodación lingüística en la interacción bilingüe gallego-castellano. Estrategias discursivas de convergencia y divergencia en secuencias de conflicto. Tonos digital: Revista electrónica de estudios filológicos, Nº. 31.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

7 teutonio

Pois vaia.... isto é de toda a vida, cando se comeza unha conversación con unha persoa a quen non coñecemos, ou que emprega outro rexistro o normal é realizar esa negociación até chegar a un acomodamento, ou sexa, mudar de lingua, empregar un rexistro ou outro de lingua, ou que cada un fale como lle saia do carallo mantendo a fidelidade ao idioma e o rexistro que están habituados a usar. Obviamente, nisto inflúe as relacións de poder entre falantes (respecto, cordialidade, desprezo) e entre linguas (A castelán, B galego)

6 nostrus

Abonda xa de tanta pamplina danzando arredor do galego coa única excusa de que é a lingua propia de Galicia, condicion absurda si esixiramos o mesmo co catolicismo alegando que é a relixion propia de Galicia, ou ca empanada, o lacon, ctr. O termo lingua propia é absurdo porque as personas non teñen porque ser sumisas a lingua sinon que é ao reves, son as personas as que deciden cual é a lingua oficial baseandose na realidade lingüistica social dun territorio.

1 teutonio

Explícalle iso aos maxistrados do TC ou aos lexisladores que redactaron o estatuto, os cales representaban ás persoas e decidiron escoller esa definición conforme a realidade lingüística do país. Pareces algo retrasado sempre facendo comparacións estúpidas coa gastronomía e a relixión (soache o secularismo, as revolucións liberais, os estados laicos e aconfesionais, etc.)?.

2 nostrus

teutonio. si non sabes rebatir os meus exemplos non che vale de nada que te mofes deles. Un navarro non esta obrigado a correr diante dun touro por ser propio de Pamplona, un andaluz non esta obrigado a emocionarse co flamenco por ser propio de ali, que a butifarra sexa propia de Cataluña non significa que teñan que comela os catalanes, agás que sexan nacionalistas, porque enton seran capaces de comer herba si asi lle din que é propio. As aportacions culturais das personas fanse de modo voluntario (o din os DDHH). Eu non teño obriga de ser cristian porque Cristo morrera na cruz e son eu quen decido ser ou non ser cristian. ¿Votaias ao PP por ser propio (ou tipico) de Galicia?. Deixadevos de lerias porque vos considerades ao galego como o pecado orixinal, algo que esta ahi, superior a nos e que non temos capacidade a cuestionar. Dariades risa si non fora que non tedes gracia.

3 ReleSarrián

teutonio, é mellor que o deixes estar. O tal nostrus é un supremacista disfrazado de libertario, e non sairá da súa ignorancia mentres algún profesional médico non lle elimine o trauma da morte do seu can atropelado por un conductor nacionalista.

4 teutonio

Pero é que non hai nada que rebatir, e veño tempo facendoo... Metes os DDHH (imaxino que te refires a Declaración Universal de DDHH) polo medio sen ter nin idea do que falas (le http://bit.ly/2at6c10), comparas a lingua coa gastronomía ou a relixión facendo o ridículo, xa que vivimos en Europa en 2016 e non en Arabia Saudí, ou esqueces que desde hai séculos os estados veñen regulando o uso das linguas e impoñendo unha ideoloxía lingüística de maneira explícita ou implícita (USA e Francia). É unha das poucas competencias claves e básicas do estado nación xurdido da revolución francesa que os estados europeos manteñen, sen cedela a UE (moeda, agricultura, comercio exterior), OTAN (defensa) ou o Consello de Europa (Dereitos Humanos). Meu, aprende e cambia o discurso ou polo menos se coherente!

5 nostrus

teutonio.Si emprego a gastronomia ou a relixion como exemplos é para que vexades a burrada das vosas ideas. Un estado regula no seu territorio a/s lingua/s oficiales, pero non a lingua propia, nin a comida preferida, nin a relixion verdadeira. Un estado democratico non se entromete nos gustos da xente. As linguas oficiales obedecen a realidade lingüistica social e non a orixe das linguas. Xa volo teño explicado moitas veces.

6 Españolistas dades noxo

Pero costrus, non ves que sí se regula a lingua propia de sempre impoñendo o castelán?

7 nostrus

Menos mal que o nacionalismo español non é tan fanático como o nacionalismo galegueiro, porque sinon houberase aferrado a peseta como moeda propia de España e houbera montado unha pataleta por trocar ao euro.

8 teutonio

Como que un estado democrático non se entromete nos gustos da xente?, entón non son democráticas Francia que favorece os valores republicanos e impón a lingua francesa como única do estado?, ou estados unidos promovendo o seu patriotismo e excepcionalismo?. Grecia recoñecendo a Igrexa grecoortodoxa como relixión do estado e garantíndolle dereitos e garantías nos eidos educativo ou moral, desprezando calquera diversidade interna de tipo étnico ou lingüístico?, ou Polonia coa Igrexa católica?, non me fagas rir ho.. As linguas oficiais responden á distribución do poder simbólico, económico, político ou fáctico do país ao longo da historia. Recoñecer a orixe, as vicisitudes históricas e identificación cun pobo dunha lingua por moito que vos proa é o normal (irlandés lingua nacional dos irlandeses aínda que falen inglés, o luxemburgués pra Lux e o maltés pra Malta pese o status bilingüe ou plurilingue dos países...)

9 nostrus

teutonio, non digas chorradas. certo que en Francia só o frances é lingua oficial, pero non o fai por motivos maniaticos ou identitarios, ¿acaso un pais non é democratico si só son oficiais o kilo, o metro e o litro e non o son o ferrado, a arroba e a onza?. Un estado esta para facer leis que armonicen a convivencia e sin entrometerse nos gustos da xente; ¿acaso o lacon con grelos ten que ser a comida oficial?. Fanatizadesvos co galego como si fora lingua sagrada, pero por que foi o que elexistes para fanatizarvos, porque tamen vos pudestes fanatizar coa gaita, o Credo, a muiñeira ou calquer outra cousa. O galego é unha lingua oficial en Galicia para que a xente o use na dose que lle dea a gaña, pero sempre predominan os dereitos da xente sobre os do galego, porque o galego non ten dereitos e esta ao servicio da xente, que foi quen o inventou e non ten sentimentos nin sufre nin padece e importalle un carafio que o falemos ou non.

10 nostrus

A vere Teutonio tu no te me has entendido nadita pero nadita. Cuando un estado dermocratico como te es España te hace una ley dando toda prevalencia al castellano sobre las otras te esta armonizando pero,y aquí te viene lo importante meu home, si una comunidade autonoma con lengua propia te hace lo mismo pero a la inversa para intentar conservare su lengua regional te es un grave atentado para la conivencia dermocratica esa. A los niños en los culegios no se les deberia imponer ninguna materia porque las asinturas no te tienen derechos, los pobres niños si. A los niños no se les deberia enseñar nada hasta que ellos ya siendo mayores, como yo mismo te lo hice, dicidan, si eso, que lengua u otras asinaturas te quieren estudiar.

11 Españolistas dades noxo

Como sempre: A imposición do castelán BIEN

12 teutonio

Nostrus non me es capaz nin de me responder con barrenadas, agora comparas dereitos humanos ou comunitarios relativos ás linguas e pobos co uso do kilo (????) ou a inxesta de lacón con grelos. O francés xa todos sabemos porque é a lingua oficial de Francia, era a lingua da clase e rexión que detentaba o poder, o centro, a Ille de France, e convertíuse en única lingua oficial cando so era empregado por unha minoría, falando a periferia outras linguas (bretón, corso, flamenco ou alsaciano, occitano ou arpitán...)que foron reducidas a un patois no caso das linguas do oc o completamente marxinadas no caso do euskera, corso, etc.. Porén, o estado francés como dirías ti tamén se entromete nos "gustos da xente", promovendo o ideario republicano (laicismo, patriotismo, liberdade), o deporte, a vida sana a dieta mediterranea ou os produtos locais.. mesmo con medidas coercitivas como os impostos sobre o tabaco ou subvencións a transporte sustentable...

13 FartodeImpositores

nostrus, es tabán perdido. Non tes unha soa neurona san.

5 anonimo

Todos aqueles que queren relegar a lingua galega do ensino e de cantos mais ámbitos mellor pq a desprecian o que están a ver é que cada vez mais se esta a impulsar o inglés (ensino, empresas, etc) e que corremos o risco de que esa lingua (que non é propia nin oficial) erradique por igual tanto o galego como o castelán. Eu xa estou a ver un futuro con un estado europeo centralizado donde todos falemos so en ingles e sexamos musulmans e donde manden os poderes económicos, teñamos salarios precarios e poucas liberdades. ¿Queredes ese futuro?. ¿Queredes a globalización ou ser colonizados pola cultura anglosaxona?. Eu non. Eu aspiro a vivir nunha Confederación Iberica donde se respeten as diferentes identidades (galega, catalana, castellana, euskera, etc) e donde teñamos soberanía e control sobre as nosas fronteiras. Eu si respeto a cultura de Castela e non desexo que desapareza, pero que os castelanfalantes defendan o mesmo dereito a supervivencia da cultura galega.

4 anonimo

Si somos tan bilingües e defensores da "liberdade" que se garanta a posibilidade de ver canles portugueses na Galiza para asi compensar a presenza de medios en castelán, que se garanta a presenza da lingua galega nas empresas, que se garanta que existen garderias en lingua galega nas cidades galegas, que se garanta que existe cinema en lingua galega igual que se dobran películas americanas ao castelán, que se garanta que todolos galegofalantes van ser atendidos por funcionarios na sua lingua xa sexa na xustiza, forzas de seguridade, sanidade ou administracions galegas ou estatais. En definitiva que os galegofalantes teñamos garantido o noso dereito a poder vivir na nosa lingua que é a lingua propia de Galiza. Hoxe o galego esta a ser tratado como se fose unha lingua estranxeira na Galiza, por detrais do castelán e incluso xa do inglés. Lingua galega falada ou escrita por reis sabios, poetas e mesmo polo descubridor do novo mundo.

3 Hermerico

O tal "bilingüismo" nom é mais do que um nojento crioulo portunhol que varia de falante a falante e é cada vez mais espanhol e menos galego. E a "modulaçom" essa nom é mais do que umha impostura com um forçado seséio e umha artificial gheada, que bem se distingue destes traços lingüisticos quando som genuínos e espontáneos. Os tais bilingüistas cada vez tenhem maior domínio do espanhol estandarte, e umha absoluta incapacidade para articular um galego minimante correcto em qualquer registo, nom só do ponto de vista léxico, também morfológico, e atê prosódico