Temas: MúSICA

O primeiro festival de Galicia a bordo dun barco

Bluscus, empresa especializada en turismo mariñeiro, organiza un ciclo de concertos nun buque que navega pola Ría de Vigo.

Por GC Tendencias | Vigo | 01/08/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O blues de Andhrea and the Black Cats o 5 de agosto. A música tradicional de Aureas o 12. O country rock de Pardo o 15 e o Gypsy Jazz de David Regueiro o 26 de agosto. Este é o cartel dun festival moi especial que está a piques de empezar, Agosto na Ría.

Viaxe ás Cíes de varios destacados usuarios das redes sociais
Viaxe ás Cíes de varios destacados usuarios das redes sociais | Fonte: Oliver Vegas

Unha experiencia única cun aforo máximo para 40 persoas por concerto. As entradas poden mercarse en ataquilla.com

Neste festival conflúe toda unha experiencia única cunha maridaxe perfecta de música en directo, anoitecer, navegación nunha goleta antiga e un escenario único coas Cíes, as bateas ou a ponte de Rande.  A organización oferta ademais un brinde co viño branco galego Marqués de Vizhoja. Ademais, haberá unha degustación gastronómica a bordo.

Turismo mariñeiro a bordo do pesqueiro Chasula
Turismo mariñeiro a bordo do pesqueiro Chasula | Fonte: Bluscus
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta