LUGO | 09/08/2016 | Actualizada ás 13:07 por EUROPA PRESS
A Autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo (Lugo) foi reaberto ao mediodía deste martes ao tráfico rodado tras permanecer cortada unhas 16 horas a causa da néboa que rexistra a zona.
Segundo os datos facilitados a Europa Press pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) o corte afectou de novo dende as 19,30 horas do luns ás 12,00 horas deste martes ao tramo entre os quilómetros 536 (Abadín) e 552 (Mondoñedo) da A-8, en ambos os dous sentidos.
O tramo desta autovía que une Mondoñedo e Abadín provocou diversos problemas pola formación de néboas, como un accidente múltiple en xullo de 2014 que se cobrou a vida dunha persoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.