Nace Vía Centrum, un novo partido de centro

Di que xurde para “recuperar a voz viva da cidadanía” e para defender a súa participación na vida política e social.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/08/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Vía Centrum. Ese é o nome dun novo partido que se presentou este mércores en Santiago de Compostela para ofrecer “as garantías democráticas dunha efectiva participación cidadá e social na toma de decisións deste país”. Esta proposta política xurde en Galicia, despois de que outras opcións similares o fixeran xa en Euskadi e Cataluña.

O presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez
O presidente de Vía Centrum Partido Demócrata, José Luís Méndez

“Centrum nace para e da clase media deste país porque somos os que máis sufrimos a crise económica nos últimos anos e os que máis achegamos para saír dela”, dixo o seu presidente, José Luís Méndez Otero. “Somos nós os que máis capacitados estamos para reclamar programas e accións que non só nos leven a recuperar a nosa calidade de vida de hai 10 anos, senón tamén a alcanzar as cotas de progreso que deixamos de crecer”, engadiu.

O presidente de Centrum referiuse a outro elemento identificativo deste proxecto como é “a súa vontade democrática expresada no máximo respecto da liberdade de expresión e de participación de todos os cidadáns”. “Se algo nos ensinou estas dúas últimas citas electorais é que a sociedade sabe explicarse e faino alto e claro, pero a clase política actual ou non sabe entendela ou prefire enrocarse en posicións partidistas en lugar de dialogar, acordar e en definitiva, gobernar desde unha base máis plural”, apuntou.

Por iso, comprometeuse en nome de todo o equipo de Centrum a canalizar a opinión e participación cidadá nas institucións e organismos democráticos de Galicia. “E mesmo iremos máis aló, queremos que o noso modelo de democracia interna se exporte a aquelas institucións nas que participemos”, engadiu.

Pola súa banda, a portavoz de Vía Centrum, Carolina Barrero, foi a encargada de presentar  oficialmente o novo partido político, unha opción que parte da necesidade de que “xente da rúa dignifique a política actual e recondúzaa cara ao que verdadeiramente lle preocupa”. Durante a súa intervención tivo palabras de agradecemento para os promotores do proxecto José Luís Méndez, presidente de Centrum; Casilda Rolán, secretaria xeral de Centrum; Rafael Millán; Pedro Larrauri; Javier López; Antonio Rodríguez e Manuel Rodríguez.

A portavoz de Vía Centrum, Carolina Barrero
A portavoz de Vía Centrum, Carolina Barrero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Gamela

Outro chiringuito con Pedro Larrauri (cirurxán na POVISA) e antigo representante de UPyD en Vigo que rematou denunciando ao responsables de UPyD por cacicadas nas listas electorais e demáis... Logo pasou por Bases Podemos e rematou na Plataforma Xuntos denunciando a corrupción no Concello de Vigo xunto ao seu amigo Carlos González (Podemos) ? Supoño que logo do 25S refundará algún outro Partido-Plataforma-Chiringuito onde seguir REMEXENDO para ver se chega ao Sillón !!!

5 Eu apúntome

Mais palla que me escarallo. Aínda lle botades peito !!!

4 Antinostrus

Outros paniaguados que nola queren meter polo centrum....e sen vaselina......o Cipaiomononeuronal do Nostrus segurio que anda de palanganeiromamporreiro nesta movida.....pasa para a Corte Noooossstrus!!!!! a enzoufar-te na maseira.....inmundícia bípeda......

1 nostrus

Non insistas, non che fago unha visita por moito que insistas. Sinto moito a tua situacion, pero é como rematan todos os enbelesados polo nacionalismo, levoo advertindo hai moito tempo e ti remataches no cortello porque che dixeron que tes que ser asi para que te admitan natribu.

2 Antinostrus

A única vez que fun a un Cortello foi cando axudei a túa Nai a te parir.....díxo-me que non estaba seguro quen era o teu Pai...se o Porco Domesticado que con ela moraba ou o Porco Bravo que acudia os sábados pola noite...apestabas, xa desde o principio, a cipaiomononeuronal (de casta lle ven ao galgo) mais nada facía supor que acabarías de lambeortos no Ministerio do Interior....pasa para a Corte malandro!!!!.... ou teu hábitat de inicio e no único que es que de facer una sinapse minimamente eficiente......

3 anonimo

Outros de "centro" como os de Ciudadanos. Xa sabemos que cando se di "centro" estase a decir dereita. Canto mais se divida o voto de dereitas, mellor.

2 Artur

O doutor Larrauri xa non sabe para onde ir... Que pensarán os seus antigos comilitóns do Opus? Que perdido anda! Quitándolle votos ao PP!