Documentos sonoros: A despedida de Xurxo Souto

Xurxo Souto despediase do 'Aberto por Reformas' asegurando que coa música galega "botamos por fora". No seu lugar estará Xusto López Carril cunha selección de música con "estilo propio". Por outra banda, a Fundación Artabria acaba de denunciar a fin deste programa ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/06/2009 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

E aquí podedes escoitar o primeiro programa do seu substituto. "Fálalles Xusto López Carril. Este é un programa musical de transición entre o magazine e a información, pero con sello propio. A música é subxectiva e cada quen elixe a súa selección musical que vostedes seguro que non comparten ou comparten un pouco. Sucede que desde esa subxectividade, iniciaremos un tempo de radio que pretende acompañarvos neste vran absoluto que temos en Galicia".

Por outra banda, a Fundación Artabria denuncia a supresión da grella da programación da RG do "Aberto por Reformas" e suliña que é a iniciativa radiofónica "máis importante" para o "fomento da creación e difusión musical galega e en galego".

**************************************

O programa "Aberto por reformas", que nos últimos anos véu dirigindo e apresentando Xurxo Souto e constituía um dos escassíssimos espaços de apoio à produçom cultural própria apoiados institucionalmente, acabou de ser suprimido da grelha da programaçom da Rádio Galega, substituído por um rançoso programa que retira todo compromisso com a nossa música e com os nossos grupos.A Fundaçom Artábria, que leva mais de umha década a apoiar incondicionalmente a produçom musical da nossa naçom através do centro social e da organizaçom de festivais, concursos e outras iniciativas, quer denunciar publicamente o ataque dirigido polo governo presidido por Alberto Núñez Feijó contra a rádio pública e contra o tecido social galego que aposta na criaçom e socializaçom de todo o tipo de estilos musicais com a base do compromisso com o idioma nacional da Galiza.

O PP volta a demonstrar o seu absoluto desprezo polo nosso povo, pola nossa cultura e pola nossa língua. Nestes anos, tivemos ocasiom de comprovar como o progrma dirigido por Xurxo Souto cedeu os seus microfones a todas as iniciativas populares em favor da nossa música, incluídas as organizadas pola Fundaçom Artábria. É essa abertura às iniciativas populares galeguizadoras que o PP quer extirpar de vez.

Nom devemos consentir que os senhoritos do PP incumpram agora um dos princípios para os quais foi criada umha rádio pública galega: o apoio à produçom cultural galega, de base e em galego. O espanhol e as músicas espanholas e anglo-saxónicas tenhem enormes recursos de todo o tipo para a sua promoçom, o que nom acontece com a nossa própria música veiculada no nosso próprio idioma.

Por todo o anterior, na Fundaçom Artábria queremos manifestar:

1. A nossa solidariedade com o companheiro Xurxo Souto;

2. A nossa disponibilizaçom dos limitados recursos com que contamos para o apoio da nossa música, cultura e língua, tal como sempre temos feito.

3. A nossa aposta e adesom a quaisquer iniciativas sociais para evitar que o espanholismo galegófobo avance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

30 Chusco

Eiquí falouse de John Peel: tou convencido de que se J. Peel fora galega, amáis de non chegar nunca a presentar un mísero programa de radio, tododiós ía rirse de del nos bares falando de música. Así somos!!!!!

29 Chambo

Unha das cousas que máis me gustaron do bipartito foron algúns dos novos programas de tv. que introduciron (aínda así me parecía máis divertida a tele da época anterior: A tumba aberta, Sitio Distinto, etc). Con respecto a Radio, a cousa ficou tan aburrida coma sempre (por moito que lles moleste a algúns). Unha cousa que aprecio neste tipo de posts é a persistencia do pensamento único, tanto por parte dos que gañan e coma dos que perden as eleccións. Parece que tantos anos de fraguismo non foron en balde.

28 Xan de Queiruga

Xa o poñía na camiseta de Noel Feáns (dj da galega nestes últimos anos): HANG THE DJ!!!! En fin, o de Xurxo para moitos, non para mín, é unha putada e como dicía o outro, "no mundo estás ti porque ten que haber de todo". Pola miña banda, lembro aquel lamentable pestiño que se montara Manu Chao con Xurxo, nun verán lonxano: A FEIRA DAS MENTIRAS, unha carallada aburridísima, case que tan aburrida coma un disco dos DIPLOMÁTICOS DE "LACORU". Por certo, máis grave e o do programa dos Tres Peixes Voanda: en base a que lle dan un programa a eses tipos. Será polas 11635 miserables visitas do seu Myspace (ata o grupo de hip hop fulero do meu sobriño ten máis visitas, carallo).

27 Rasca e Pica a Oqueuchediga

Vamos, seguro que eres Bocixa. Mira que eres coñazo, vinte anos co grupo e total... Lembro aquel Santirock no que tocastes para o persoal que puña cervexas no concerto. Mira, posiblemente co único co que estarei de acordo con P.P. é con quitar a Xurxo Souto do medio... E de tódolos xeitos, non creo que fagan.

26 Radios de merda

O meu argumento, por se se te fixo longo o post, É QUE NON RESPETO A UN LUIS RIAL / BLANCO CAMPAÑA POSTMODERNO COMA XURXO SOUTO (e perdón polas maiúsculas). Gústame a música e considero que o nivel da Radio Galega nese senso é pésimo. Logo non quero entrar no que din outros posts con respecto ao caciquismo na radio pero... teño que dicir que hai programas que parece que os adxudican a dedo a grupiños amigos (tanto con PP coma co Bipartito). Dende logo non é delito que non me guste Xurxo Souto (e quen o considere así, que vaia a un psiquiatra ou se afilie na falanxe reintegrata de turno).