Documentos sonoros: A despedida de Xurxo Souto

Xurxo Souto despediase do 'Aberto por Reformas' asegurando que coa música galega "botamos por fora". No seu lugar estará Xusto López Carril cunha selección de música con "estilo propio". Por outra banda, a Fundación Artabria acaba de denunciar a fin deste programa ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/06/2009 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

E aquí podedes escoitar o primeiro programa do seu substituto. "Fálalles Xusto López Carril. Este é un programa musical de transición entre o magazine e a información, pero con sello propio. A música é subxectiva e cada quen elixe a súa selección musical que vostedes seguro que non comparten ou comparten un pouco. Sucede que desde esa subxectividade, iniciaremos un tempo de radio que pretende acompañarvos neste vran absoluto que temos en Galicia".

Por outra banda, a Fundación Artabria denuncia a supresión da grella da programación da RG do "Aberto por Reformas" e suliña que é a iniciativa radiofónica "máis importante" para o "fomento da creación e difusión musical galega e en galego".

**************************************

O programa "Aberto por reformas", que nos últimos anos véu dirigindo e apresentando Xurxo Souto e constituía um dos escassíssimos espaços de apoio à produçom cultural própria apoiados institucionalmente, acabou de ser suprimido da grelha da programaçom da Rádio Galega, substituído por um rançoso programa que retira todo compromisso com a nossa música e com os nossos grupos.A Fundaçom Artábria, que leva mais de umha década a apoiar incondicionalmente a produçom musical da nossa naçom através do centro social e da organizaçom de festivais, concursos e outras iniciativas, quer denunciar publicamente o ataque dirigido polo governo presidido por Alberto Núñez Feijó contra a rádio pública e contra o tecido social galego que aposta na criaçom e socializaçom de todo o tipo de estilos musicais com a base do compromisso com o idioma nacional da Galiza.

O PP volta a demonstrar o seu absoluto desprezo polo nosso povo, pola nossa cultura e pola nossa língua. Nestes anos, tivemos ocasiom de comprovar como o progrma dirigido por Xurxo Souto cedeu os seus microfones a todas as iniciativas populares em favor da nossa música, incluídas as organizadas pola Fundaçom Artábria. É essa abertura às iniciativas populares galeguizadoras que o PP quer extirpar de vez.

Nom devemos consentir que os senhoritos do PP incumpram agora um dos princípios para os quais foi criada umha rádio pública galega: o apoio à produçom cultural galega, de base e em galego. O espanhol e as músicas espanholas e anglo-saxónicas tenhem enormes recursos de todo o tipo para a sua promoçom, o que nom acontece com a nossa própria música veiculada no nosso próprio idioma.

Por todo o anterior, na Fundaçom Artábria queremos manifestar:

1. A nossa solidariedade com o companheiro Xurxo Souto;

2. A nossa disponibilizaçom dos limitados recursos com que contamos para o apoio da nossa música, cultura e língua, tal como sempre temos feito.

3. A nossa aposta e adesom a quaisquer iniciativas sociais para evitar que o espanholismo galegófobo avance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

20 anónimo

PERO A VER, CANTA XENTE ESCOITABA ESE PROGRAMA??? PORQUE COIDO QUE DEBÍCHEDES ESTAR EIQUÍ TODOS.

19 Radios de merda.

As radios actuais son como as que describe a canción "Rock and roll" dos Velvet antes da chegada do Rock and Roll Underground. Jenny said, when she was just five years old
There was nothin' happening at all
Every time she puts on the radio
There was nothin' goin' down at all, not at all. Hai bastantes anos podiamos desfrutar de Radio4, unha emisora que emitía música galega, española e estranxeira sen prexuízos de ningún tipo (especialmente Marcos López, probablemente o mellor locutor de programas de música pop da historia da radio galega). Co ano 1992, maldito ano de merda, o goberno de entón pechou Radio4 que quedamos sumidos da dictadura de ineptos coma Ordovás, Julio Ruiz, etc. (Radio 3). Despois xurdíu a Radio Galega, coa folclorada de turno, as horteradas de rigor, etc. Neste foro fálase despectivamente de Luis Rial (e con razón, é un impresentable) pero, se nos fixamos na súa esencia, non é tan diferente de Xurxo Souto... Posiblemente os matices se deban a unha diferencia de amigos políticos e de drogas... Creo que non é posible mellorar a Radio Galega, máis que nada porque o acceso á mesma e clientelar (os amigos dos amigos, etc).

18 Rasca e Pica

Claro, seguro que, como mínimo, eres o Bocixa!!!! Ghehehehe... Espallo o lixo que quero falando da radio galega... Co Pepé e con Bipartito foi unha merda... A extensión das miñas opinións non só atinxen a Xurxo Souto que, por certo, representa a Galicia en toda a súa intensidade (inclusive no caciquismo musical).

17 Ráscate se che pica

Ti dis: "Xurxo emitía cancións do seu clube de amigos."
Eu non son amigo de X.Souto e,non en tanto, as cancións do meu grupo si soaron, coma as de outros de toda Galicia, era tan grande o círculo de amigos?
Tes algún outro argumento máis que espallar lixo?
Eu non pido unha radio 100% adicada a isto, este programa ocupa unha hora diaria, non máis e nun horario fóra do comercial, a quen lle pode molestar?

16 Costadamorte

Sr. Xusto López Carril:

Como novo conductor do programa musical da Radio Galega "Aberto por Reformas", quero facerlle chegar o meu desacordo coa liña adoptada en dito programa dende que é conducido por vostede, suprimindo a música galega do mesmo e adicandoo a programación de música estandar pop ou rock nomeadamente de lingua inglesa.
Polo anterior súmome ao manifesto que circula na internet e solicitolle que tome as medidas oportunas para orientar a programación musical dos espacios nos que vostede participe a potenciación da música creada no país, (Galiza), e con textos preferentemente expresados na lingua galega.
Esperando que sexa atendida a miña petición de ointe habitual da Radio Galega, saúdalle un oínte...