Documentos sonoros: A despedida de Xurxo Souto

Xurxo Souto despediase do 'Aberto por Reformas' asegurando que coa música galega "botamos por fora". No seu lugar estará Xusto López Carril cunha selección de música con "estilo propio". Por outra banda, a Fundación Artabria acaba de denunciar a fin deste programa ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/06/2009 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

E aquí podedes escoitar o primeiro programa do seu substituto. "Fálalles Xusto López Carril. Este é un programa musical de transición entre o magazine e a información, pero con sello propio. A música é subxectiva e cada quen elixe a súa selección musical que vostedes seguro que non comparten ou comparten un pouco. Sucede que desde esa subxectividade, iniciaremos un tempo de radio que pretende acompañarvos neste vran absoluto que temos en Galicia".

Por outra banda, a Fundación Artabria denuncia a supresión da grella da programación da RG do "Aberto por Reformas" e suliña que é a iniciativa radiofónica "máis importante" para o "fomento da creación e difusión musical galega e en galego".

**************************************

O programa "Aberto por reformas", que nos últimos anos véu dirigindo e apresentando Xurxo Souto e constituía um dos escassíssimos espaços de apoio à produçom cultural própria apoiados institucionalmente, acabou de ser suprimido da grelha da programaçom da Rádio Galega, substituído por um rançoso programa que retira todo compromisso com a nossa música e com os nossos grupos.A Fundaçom Artábria, que leva mais de umha década a apoiar incondicionalmente a produçom musical da nossa naçom através do centro social e da organizaçom de festivais, concursos e outras iniciativas, quer denunciar publicamente o ataque dirigido polo governo presidido por Alberto Núñez Feijó contra a rádio pública e contra o tecido social galego que aposta na criaçom e socializaçom de todo o tipo de estilos musicais com a base do compromisso com o idioma nacional da Galiza.

O PP volta a demonstrar o seu absoluto desprezo polo nosso povo, pola nossa cultura e pola nossa língua. Nestes anos, tivemos ocasiom de comprovar como o progrma dirigido por Xurxo Souto cedeu os seus microfones a todas as iniciativas populares em favor da nossa música, incluídas as organizadas pola Fundaçom Artábria. É essa abertura às iniciativas populares galeguizadoras que o PP quer extirpar de vez.

Nom devemos consentir que os senhoritos do PP incumpram agora um dos princípios para os quais foi criada umha rádio pública galega: o apoio à produçom cultural galega, de base e em galego. O espanhol e as músicas espanholas e anglo-saxónicas tenhem enormes recursos de todo o tipo para a sua promoçom, o que nom acontece com a nossa própria música veiculada no nosso próprio idioma.

Por todo o anterior, na Fundaçom Artábria queremos manifestar:

1. A nossa solidariedade com o companheiro Xurxo Souto;

2. A nossa disponibilizaçom dos limitados recursos com que contamos para o apoio da nossa música, cultura e língua, tal como sempre temos feito.

3. A nossa aposta e adesom a quaisquer iniciativas sociais para evitar que o espanholismo galegófobo avance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

10 Ráscate se che pica

O programa de Xurxo Souto puxo nas ondas TODA a música que se facía en galego durantes estes anos. Non había censuras, saiu de todo, folk, punk, rock, pop,... hai unha chea de grupos que están saíndo adiante grazas a este programa.
Por que en galego? porque é unha obriga da radio pública de Galicia, aínda así tamén saíron grupos e cancións en castelán.
Claro que promocionar a música ou a cultura galega é nacionalista, calquera cousa que sone a galego é nacionalista e como tal ten que ser eliminado.
Boto de menos os tempos nos que tan só nos mexaban por riba.
O meu apoio incondicional para Xurxo Souto e a filosofía do seu programa.

9 undaló

Este é o fulano máis cansino da terra. Leva 20 anos facendo o mesmo e no me extrana que o boten. Vexo que moito defendedes a algúns elementos singulares. Xusto é unha persoa excepcional e un fantástico profesional dos medios de comunicación. Xurxo Souto é cantante.

8 ANA

UN BARDO LLAMADO RTVG.

7 ANA

BUENO, VINO COMO VINO Y SE VA COMO VINO, COMO LOS OTROJEFES DEL PP,DEL PSOE O DEL BLOQUE.
Y MIENTRA LA RTVG EN PICADO.
SIN DIRECTORES, SIN IDEAS, SIN PROYECTOS.
ROSA O ROSAS ESTE BARCO SE VA A PIQUE.
CON TODOS DENTRO .
ENDEREZAMOS EL RUMBO O NOS DEDICAMOS A EMBARRANCARLO CONTRA LAS PIEDRAS,DEL PP O DEL PSOE O DEL BNG.
ROSAS EN BUESTRAS MANOS ESTA.

6 amiguiños

Só unha cousa máis:
Sorte a Xurxo, e que a Radio Galega potencie ós nosos artistas que ben o merecen.