Documentos sonoros: A despedida de Xurxo Souto

Xurxo Souto despediase do 'Aberto por Reformas' asegurando que coa música galega "botamos por fora". No seu lugar estará Xusto López Carril cunha selección de música con "estilo propio". Por outra banda, a Fundación Artabria acaba de denunciar a fin deste programa ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/06/2009 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

E aquí podedes escoitar o primeiro programa do seu substituto. "Fálalles Xusto López Carril. Este é un programa musical de transición entre o magazine e a información, pero con sello propio. A música é subxectiva e cada quen elixe a súa selección musical que vostedes seguro que non comparten ou comparten un pouco. Sucede que desde esa subxectividade, iniciaremos un tempo de radio que pretende acompañarvos neste vran absoluto que temos en Galicia".

Por outra banda, a Fundación Artabria denuncia a supresión da grella da programación da RG do "Aberto por Reformas" e suliña que é a iniciativa radiofónica "máis importante" para o "fomento da creación e difusión musical galega e en galego".

**************************************

O programa "Aberto por reformas", que nos últimos anos véu dirigindo e apresentando Xurxo Souto e constituía um dos escassíssimos espaços de apoio à produçom cultural própria apoiados institucionalmente, acabou de ser suprimido da grelha da programaçom da Rádio Galega, substituído por um rançoso programa que retira todo compromisso com a nossa música e com os nossos grupos.A Fundaçom Artábria, que leva mais de umha década a apoiar incondicionalmente a produçom musical da nossa naçom através do centro social e da organizaçom de festivais, concursos e outras iniciativas, quer denunciar publicamente o ataque dirigido polo governo presidido por Alberto Núñez Feijó contra a rádio pública e contra o tecido social galego que aposta na criaçom e socializaçom de todo o tipo de estilos musicais com a base do compromisso com o idioma nacional da Galiza.

O PP volta a demonstrar o seu absoluto desprezo polo nosso povo, pola nossa cultura e pola nossa língua. Nestes anos, tivemos ocasiom de comprovar como o progrma dirigido por Xurxo Souto cedeu os seus microfones a todas as iniciativas populares em favor da nossa música, incluídas as organizadas pola Fundaçom Artábria. É essa abertura às iniciativas populares galeguizadoras que o PP quer extirpar de vez.

Nom devemos consentir que os senhoritos do PP incumpram agora um dos princípios para os quais foi criada umha rádio pública galega: o apoio à produçom cultural galega, de base e em galego. O espanhol e as músicas espanholas e anglo-saxónicas tenhem enormes recursos de todo o tipo para a sua promoçom, o que nom acontece com a nossa própria música veiculada no nosso próprio idioma.

Por todo o anterior, na Fundaçom Artábria queremos manifestar:

1. A nossa solidariedade com o companheiro Xurxo Souto;

2. A nossa disponibilizaçom dos limitados recursos com que contamos para o apoio da nossa música, cultura e língua, tal como sempre temos feito.

3. A nossa aposta e adesom a quaisquer iniciativas sociais para evitar que o espanholismo galegófobo avance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

75 rasca e pica

MAZAROCO, quixen dicir

74 rasca e pica

Os teus comentarios afondan no teu atrevimento, resultado probable dunha fonda ignorancia (ignorancia profunda, que diría X. Souto). Os teus insultos son como cuspir contra o vento... E xa sabes o que pasa nestes casos, xeralmente o lapo volta contra ti. O único que lanza merda es ti, falando da miña vida coma se me coñeceras dende o colexio. Vos guste ou non, Triángulo de Amor Bizarro ou Nadadora (grupos que, por certo -e non debería dicilo- non me gustan un carallo) son música tan galega como Sacha na horta ou os Diplomáticos. Vos confundides MÚSICA GALEGA con MÚSICA EN GALEGO, que non son a mesma cousa (na miña modesta opinión). Por certo, estou plenamente de acordo coa persoa que protesta pola eliminación de programas sobre Bandas Populares e Corais (tamén música GALEGA, aínda que interpreten pezas de compositores non galegos).
Por certo, Raxozorza, gústache Luar? Pronto verás aí de novo a Xurxo Souto, xa verás. Firmou tamén Gayoso o comunicado que citas con tanta insistencia (pensas recibir pasta dos banners de Komunicando.net (hahahahahaha)? Podes seguir facendo autopromoción por aquí das túas cousas, mira que se tes un grupiño de rock ou de pandereteiras non o deixes de citar namentres me dedicas algún insulto de pimpín deses que sabes... Ou mesmo un blog sobre supostos frikis galegos, eses que tanto admiras (Tojeiro, Vladimir, o ex-Alcalde de Negreira, etc.) nos que claramente te poderías encadrar. PROMOCIÓNATE MELLOR, NON SEXAS MARAZOCO!

73 raxozorza

Rasca e pica, polo que tí dís, pertences a unha organización importantísima... ha ha ha komunikando 4 gatos? ha ha ha
Se descoñeces algo non o descalifiques. Empeza-ches este post coma un fodido troll descerebrado, lanzando merda sen nengún tipo de sentido.
A música es espaol, inglés, é música en español e inglés, non é múscia en galego. Como pareces un chavalín que lle pagan a universidade, podes ter acceso a conceitos tipo "sistemas literários" e cousas análogas.. saúdos

72 chascarraschas

Pensadeis que as rosiñas van facer algo por os programas,xente do PSG, xente doenta....xente da farandula, podese facer asi unha radio que peniña.

71 anónimo

A Rádio galega a radio pública de Galia, ten a obriga legal de promover a música en galego e porque desapareceu da programación o programa das bandas....corais despertabamos, viaxabamos degustando delas e Xurxo Souto as quitou para darlle mais a os locos do rock .un ointe