Documentos sonoros: A despedida de Xurxo Souto

Xurxo Souto despediase do 'Aberto por Reformas' asegurando que coa música galega "botamos por fora". No seu lugar estará Xusto López Carril cunha selección de música con "estilo propio". Por outra banda, a Fundación Artabria acaba de denunciar a fin deste programa ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/06/2009 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

E aquí podedes escoitar o primeiro programa do seu substituto. "Fálalles Xusto López Carril. Este é un programa musical de transición entre o magazine e a información, pero con sello propio. A música é subxectiva e cada quen elixe a súa selección musical que vostedes seguro que non comparten ou comparten un pouco. Sucede que desde esa subxectividade, iniciaremos un tempo de radio que pretende acompañarvos neste vran absoluto que temos en Galicia".

Por outra banda, a Fundación Artabria denuncia a supresión da grella da programación da RG do "Aberto por Reformas" e suliña que é a iniciativa radiofónica "máis importante" para o "fomento da creación e difusión musical galega e en galego".

**************************************

O programa "Aberto por reformas", que nos últimos anos véu dirigindo e apresentando Xurxo Souto e constituía um dos escassíssimos espaços de apoio à produçom cultural própria apoiados institucionalmente, acabou de ser suprimido da grelha da programaçom da Rádio Galega, substituído por um rançoso programa que retira todo compromisso com a nossa música e com os nossos grupos.A Fundaçom Artábria, que leva mais de umha década a apoiar incondicionalmente a produçom musical da nossa naçom através do centro social e da organizaçom de festivais, concursos e outras iniciativas, quer denunciar publicamente o ataque dirigido polo governo presidido por Alberto Núñez Feijó contra a rádio pública e contra o tecido social galego que aposta na criaçom e socializaçom de todo o tipo de estilos musicais com a base do compromisso com o idioma nacional da Galiza.

O PP volta a demonstrar o seu absoluto desprezo polo nosso povo, pola nossa cultura e pola nossa língua. Nestes anos, tivemos ocasiom de comprovar como o progrma dirigido por Xurxo Souto cedeu os seus microfones a todas as iniciativas populares em favor da nossa música, incluídas as organizadas pola Fundaçom Artábria. É essa abertura às iniciativas populares galeguizadoras que o PP quer extirpar de vez.

Nom devemos consentir que os senhoritos do PP incumpram agora um dos princípios para os quais foi criada umha rádio pública galega: o apoio à produçom cultural galega, de base e em galego. O espanhol e as músicas espanholas e anglo-saxónicas tenhem enormes recursos de todo o tipo para a sua promoçom, o que nom acontece com a nossa própria música veiculada no nosso próprio idioma.

Por todo o anterior, na Fundaçom Artábria queremos manifestar:

1. A nossa solidariedade com o companheiro Xurxo Souto;

2. A nossa disponibilizaçom dos limitados recursos com que contamos para o apoio da nossa música, cultura e língua, tal como sempre temos feito.

3. A nossa aposta e adesom a quaisquer iniciativas sociais para evitar que o espanholismo galegófobo avance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

60 Rasca e pica

A razozorza: A túa capacidade de entendemento e de deturpar (como diría Beiras) as mensaxes alleas provoca altas cotas de vergoña allea. Dende logo, máis que pasar o teu –seguramente- excesivo tempo de ocio vendo vídeos en Youtube de J. Tojeiro, ser xiareiro de Xurxo Souto ou do ex-alcalde de Negreira; ou proseguir coa túa pertinaz insistencia en presumir da túa celtibérica (Beiras again) “Galizafriki”, deberías coller un libro, abrilo e tentar adquirir algo de entendemento. Por certo, de persistir a túa mentalidade de skinhead goebbelsiano seguro que ti rematarás votando ao PP (se non o fas xa) ou a Rosiña “Bi” Díez. Suo tempore, que diría Alonso Montero.

59 raxozorza

Rasca e Pica: só criticas, non propós nada...

Anecdótico o apoio de www.komunikando.net?? Para un programa da rádio pública??? cando viches tí iso??
Ese comunicado, por certo, se o lés (está asinado no primeiro dia que se puxo por 500 persoas), rebata un por un todos os argumentos, e non o dí raxozorza, o dí toda a musica galega.

Que Fame Neghra se pinche en aberto por reformas, anos depois de que desaparecera o grupo, deberia de facer-te flipar.

En Aberto por Reformas pasou toda a música feita en galego no país... dende pop a folk, dende OI! a Ska!, pachanga, rumba, tekno, disco... en fin que o que a tí non te molaba era que pinchara música EN GALEGO... pois hai que foder-se entón! Que pides, a TVG bilingüe como Gloria Lago... dime que grupos que cantaran en galego quedaron fora de Aberto por Reformas.. di-me algún que tí saibas... en fin, que é moi doado botar merda sobre os demais e non facer nada..pois o sábado que ven ás 12:30 na Sala Nasa haberá unha asemble de músicos galegos para reivindicar que na rádio galega se poña música galega, ao igual que se fala das novas galegas, do celta ou do teucro...

Podes seguir coa tua cantinela machacona de parviño.

58 Fronte de Liberaçom Naçonal Gumersindo Peteiro

Arriba Luar!!!!!

57 O Radio

Heredeiros da Crus...! Ese sí era un ghran ghrupo!!

E que ninghuén pense que falo en broma!!

56 Rasca e pica

1.- A Razozorza: Ata onde eu sei, os Fame Neghra sacaron o disco en mil novecentos noventa e pico. ¿Daquela había programa de Xurxo Souto? Quería exemplificar con ese grupo e o seu disco (todo o bo ou malo que queirades) unha falla total de apoio no seu momento, cando existían, na Radio Galega (non anos despois). Hai máis exemplos, seguramente máis significativos e mellores, pero este é o primeiro que se me ocorre.

2.- A Raxozorza: Galicia Bilingüe recollen miles de firmas (Galicia Bilingüe, carallo, cantos apoios!), espurias asociacións vinculadas á Igrexa católica tamén, etc. No eido electoral Manuel Fraga obtivo varias maiorías absolutas... Gústanche as maiorías? Os 40 principais? Que me dis (aparte de insultar) co (anecdótico) manifesto de Komunikando? Non, hoxe non imos falar da túa mamá nin dos erros que cometeu o lamentable día da túa concepción.

3.- A todos vós: XURXO SOUTO = [BLANCO CAMPAÑA + LUIS RIAL + GAYOSO]