Como lograr que a nosa web non contribúa ao cambio climático

Publicar calquera páxina web tamén ten, aínda que moitos non o saiban, un custe ecolóxico que contribúe ao problemma do cambio climático e o aumento de temperatura no planeta. Os servidores, as máquinas que albergan os portais, non son máis que uns computadores específicamente deseñados para esta labor. Debido a enorme capacidade de procesamento dos trebellos que permiten o hosting das webs, estas máquinas producen moita calor e, polo tanto, necesitan unha considerable ventilación. En definitiva, cada sitio da Internet produce -como cada actividade humana- unha pegada de carbono.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/08/2016 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Para tratar de reducir esta pegada, podemos contratu a un dos cada vez máis frecuentes servizos de alamacenamento de webs ecolóxicos. Forman parte dunha tendencia que xurdiu hai uns anos chamada  “green computing”, que poderiamos traducir ao galego  como “informática verde” ou “informática ecolóxica”.

Servidores cos seus sistemas de ventilación en primeiro plano
Servidores cos seus sistemas de ventilación en primeiro plano | Fonte: wikipedia

Esta tendencia fai referencia ao uso recursos de computación limitando o impacto ambiental, maximizando a súa viabilidade económica. Non só identifica ás principais tecnoloxías consumidoras de enerxía e produtores de desperdicios ambientais senón que oferta o desenvolvemento de produtos informáticos ecolóxicos e promove a reciclaxe. 

Entre as tecnoloxías cualificadas como verdes debido a que contribúen á redución no consumo de enerxía ou emisión de dióxido de carbono -o gas máis importante entre os responsábeis do efecto invernadeiro e do burato na capa de ozono- están a computación en nube, computación grid, virtualización en centros de datos e o teletraballo.

Como se consegue diminuír a pegada de dióxido de carbono dun servizo de hosting que ofreza, pore exemplo, servidores VPS? Hai diversas variábeis, por exemplo usando fontes de enerxía renovábeis (eólica, hidráulica, etc.) para alimentar as máquinas e os seus sistemas de refrixeración. Outro aspecto importante para escoller un provedor de almacenamento web ‘verde’ pasa por asegurarnos que garante unha alta porcentaxe de reciclado dos equipos (servidores, sistemas de alimentación inenterrumpida, etc.) que emprega. Ademais, estas empresas poden aforrar enerxía implementando sistemas de administración automatizada dos centros de datos. Hai incluso procesadores capaces de traballar cunha voltaxe diferente en función da carga de traballo que teñan en cada momento. 

O obxectivo último é lograr que a actividade de hosting alcance o nivel de carbono neutral. Que significa isto? Moi simple, ser quen de devolver á atmosfera tanto carbono como o que agregamos. Un xeito de logralo é  conseguir contratar a enerxía de provedores que traballan con renovábeis. En Galicia, por exemplo, existen xa varias cooperativas de consumidores que mercan en común a enerxía unicamente de fontes sostíbeis. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta