Achado o depósito arqueolóxico máis antigo de Vigo na praia de Canido

Un colaborador do Museo do Mar descubriu o xacemento, no que se localizaron varias ferramentas de pedra. O achado permite documentar a presenza de humanos en Vigo dende hai polo menos 150.000 anos.

Por E.P. | VIGO | 12/08/2016 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Un colaborador do Museo do Mar de Vigo, Emilio Rodríguez Freire, descubriu recentemente o depósito arqueolóxico máis antigo de Vigo, situado na praia de Canido, e no que se localizaron varias ferramentas de pedra, segundo se fixo público este venres nunha rolda de prensa.

Pezas atopadas na praia de Canido e que son parte do depósito arqueolóxico máis antigo da cidade.
Pezas atopadas na praia de Canido e que son parte do depósito arqueolóxico máis antigo da cidade.

O achado de varias pezas (bifaces, hendedores e lascas) de gran beleza e complexidade técnica, permite documentar a presenza de humanos en Vigo dende hai polo menos 150.000 anos. Os restos descubertos están fabricados con cuarzos locais e tamén cuarcitas traídas dende a cunca do Miño, a ducias de quilómetros.

Na bisbarra de Vigo, descubríronse indicios de asentamentos humanos do Paleolítico Antigo (cunha antigüidade superior aos 200.000 anos) en lugares como Arbo, As Neves ou As Gándaras de Budiño en O Porriño.

O depósito da praia de Canido é a proba máis evidente da primeira presenza humana en Vigo, e data de cando o nivel do mar era moito máis baixo e, en lugar dunha ría, existía un val (o val do río Verdugo).

Os materiais recuperados foron depositados no Museo do Mar de Galicia e conforman unha das coleccións arqueolóxicas máis importantes e antigas do museo. Algunhas pezas poden contemplarse na exposición permanente de arqueoloxía 'Galicia. Mare Nostrum'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Gamela

A vitoria pírrica do BNG (con Paco Rodríguez ao fondo) aínda terá que demostrar ao longo destes 4 anos que mereceu a pena deixar a 52.000 persoas tiradas e sen representación parlamentaria (?) O digo polos comentarios anteriores que parecen estar moi contentes cos resultados electorais... Tamén En Marea estaba moi contenta hai catro anos e mira tí agora seica andan a repartir os cartos que aínda quedan nas contas do Partido Instrumental antes da disolución definitiva (?) // https://i.gal/gamela03

5 Centroeuropeo

Na xungla electoral sobrevive o máis forte, non o máis nobre.

4 Requiario

Ou BNG ou España, non hai outra nenos.

1 Barato, moi barato

Pois se o BNG recada e presta votos para o PsoEspañol, igual que fixeron os mareantes e fan Unidas-Podemos, igual serven ao mesmo amo... Todo polo alimento da casta!

2 Oitaburro

Non que o teu ademirado Louzán os recada para Burkina Faso non te fastidia

3 Véndese barato

Quen é Louzán? O voso candidato! Si, o candidato do BNG á Federación Galega de Fútbol! Curioso xeito de facer oposición a do BNG, consolidando con retiros dourados a mafiosos do Partido Podre, e apostando polo españolismo de Caballero & Silva, de Formoso & Rey, por Bugallo ou por facer alcalde a Villarino...

3 Eleuteria

Si oh si.....os galeguistas de esquerdas xa votan BNG e os de dereitas votan PP

2 PERPECTIVA CONICA

Si non se disolven e pola obra e gracia dese señor maior de moitas invernias... estan ahi de plataforma por si quere outra vez montar algun circo de ensoñacion do seu propio mundo para darlle a volta a idea, xa me entenden... non podo decir o nome, pero todos xa saben... do que ten moitos anos... moitos mais de 80 mais que matusalen seica... esta esperando regresar... montar a nova plataforma...se estan recentrando...