LUGO | 16/08/2016 | Actualizada ás 18:31 por EUROPA PRESS
A alcaldesa de Fogoso do Courel (Lugo), a popular Lola Castro, advertiu este martes de que a "situación é lamentable" por canto a farmacia de Concello se atopa "desabastecida", para un censo por enriba de 1.400 habitantes.
Isto provoca que os veciños, cunha poboación "moi" envellecida, teñan que trasladarse a farmacias dos concellos limítrofes, ou ben Pedrafita ou ben Quiroga.
A rexedora precisou que "os propietarios dixeron" que ían intentar emendalo e "negociar co banco para intentar solucionar o problema, pero parece que non é posible".
"Chegou un momento en que tivo que intervir a Xunta, mandamos escritos á Xunta e esa farmacia é a máis importante de Folgoso", explicou.
Ao respecto, apuntou que "no outro núcleo en Seoane (do Courel) hai unha botica de primeiros auxilios e na botica de primeiros auxilios se vai poñer a actuar xa a Xunta". "En setembro vai estar o tema solucionado, coa botica de primeiros auxilios pódese abastecer o outro núcleo importante. O da farmacia é máis difícil porque hai unha concesión e é máis complicado", puntualizou.
Ademais, destacou que, "por desgracia", a poboación está "envellecida e moitos veciños sen coche, polo que teñen que coller un taxi para ir ao médico e outro para ir a Quiroga ou a Pedrafita, que son os municipios coas farmacias máis próximas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.