Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

54 Trasno zumbón

Lugués:
E ti cando estabas na UPG, a cantos botaches?


53 Trasno zumbón

Lugués:
E ti cando estabas na UPG, a cantos botaches?

52 Olaia

En Santiago na segunda edición da asemblea para debater emendas pasaron todas, agas unha, o voto particular que presentaron os chamados "quintanistas", que levou 4 votos. Unha vez máis o Movemento pola Base amosou que cando menos nesta comarca ten moita forza (e base).

51 Lugués

Claro que se refería ao caso de Ponteareas. Que, xaora, é un exemplo tráxico de como a indiferenza e o afrouxamento das relacións de veciñanza se estenden aínda nas localidades pequenas do país. Entre os labores dos Servizos Sociais non figura, que eu saiba, a patrullaxe ou pescuda policial, e xa son ganas de darlle a culpa a Quintana citar iso como presunta ineficacia. Por outra banda, a expresión "Morren os nenos de fame", así en xenérico, coméntase de por si.

Alégrome de que vaian saíndo datos sobre as asembleas do BNG, aínda que sexan tan vagos e inconcretos como os citados. En todo caso, se as porcentaxes de apoio aos opositores quedan arredor do vinte por cen, é sintomático de escaso apoio.

O que seica está habendo é escasa asistencia ás asembleas, ¿non? Tamén sería, probablemente sintomático. Pero, ¿de que?

50 cibrao

O de morrer nenos de fame reférese, penso, ao suceso de Ponteareas. Un caso illado, pero que deixa en evidencia a eficacia dos servizos sociais, dependentes da "Consellería de Quintana"(agora na publicidade institucional, en cuñas de radio que escoitei, chámanlle así, que conste).

En todo caso, volvendo ao rego do debate. ¿Non dá para a reflexión a alta porcentaxe de voto crítico que se está a manifestar en todas as asembleas comarcais do BNG? Preguntaba Lugués como ía a cousa en certas bisbarras. Pois acontece, segundo sei, que en todas os votos particulares de Alternativa e Encontro Irmandiño superan a barreira do 20% e pasan a debate nas Comisións da Asemblea Nacional. Sintomático, nonsi?