PONTEVEDRA | 18/08/2016 | Actualizada ás 18:12 por EUROPA PRESS
As xornadas de debate 'Sanxenxo na Historia' chegarán este venres á súa final cunha sesión dedicada á historia da Madama de Silgar e que contará con dous apartados diferenciados.
Tras a charla, ás 21,00 horas, segundo informa o Concello de Sanxenxo (Pontevedra), terá lugar a entrega dos VII Premios Sanxenxo na Historia, que nesta edición recaen na Comunidade de Montes de Noalla, no grupo folclórico Os Cruceiros e no navegante de Portonovo Suso Leiro.
A charla comezará ás 20,00 horas e terá como convidado especial a José Luis Rodríguez Lorenzo, exalcalde de Sanxenxo, que contará a historia da Madama, dende o momento en que foi concibida ata a súa colocación.
Rodríguez Lorenzo, que nas últimas semanas utilizou o seu perfil social en Facebook para compartir con todos os veciños de Sanxenxo unha galería de imaxes deste acontecemento, aproveitará este venres pola tarde para "desvelar detalles e anécdotas acerca da colocación da escultura que hoxe é a icona de Sanxenxo", segundo indican as mesmas fontes municipais.
Tras a disertación de Rodríguez Lorenzo será a quenda da presentación do libro 'Alfonso Vilar Lamelas, escultor', e creador da Madama de Silgar, escrito por Rafael Fontoira que, xunto ao seu prologuista, Marcelino Agís Villaverde, afondarán na prolífera obra deste artista de Vilalonga. A continuación terá lugar a entrega de premios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.