Crónica.- Unha batalla soterrada difícil de predecir

A situación complicase no PP de Ourense. As continuas victorias deste partido na provincia, lonxe de aproximar posicións, alonxan ás direccións provincial e autonómica...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/06/2009 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

None

Xa hai tempo que en Ourense están convencidos de que o obxectivo de Feijóo é laminar o poder dos baróns provinciais. Non esquecen o acontecido coa defenestración de Cuiña, unha operación organizada por José Manuel Romay-Beccaría, executada por Xesús Palmou e na que interviu o propio Feijóo, nin tampouco o que pasou en Lugo con Cacharro Pardo.

Para evitar o que lle aconteceron os seus, noutrora, compañeiros do sector da boina, o control de Baltar sobre os seus alcaldes de Ourense é ferreo dende hai anos, sobre todo, pola súa presencia na deputación, un órgano dende o que consolida os seus dominios e que se resiste a abandonar pese as numerosas peticións que neste sentido chegan de Santiago.

Feijóo, sabedor deste poder e incapaz de enfrentarse directamente, comezou a utilizar novas estratexias baseadas nos contrapoderes internos. Por iso negouse a situar nas consellerías a afíns a Baltar, incluído ao seu propio fillo, e nomeou como superdelegado de Ourense a un férreo opositor do presidente provincial. Unha clara provocación ao dominio do barón que tomou boa nota.

Rearme ideolóxico

A carta dos alcaldes dada a coñecer estes días non é máis que a constatación desa guerra soterrada que o PP mantén en Ourense e que se completa coa posta en marcha por Xosé Manuel Baltar de Debate Popular, un foro de actualidade que pretende crear e xerar opinión política na provincia e que en sectores populares xa ven como unha nova "corrente de opinión" dentro do PP.

Na dirección popular aseguran que Feijóo non vai ceder a "chantaxes" e quere tutelar o proceso de sucesión de Baltar na provincia, así como a designación do vindeiro candidato ás municipais en Ourense. Os baltarista aseguran que non o vai ter nada fácil e xa advirten que "ou hai pacto ou non hai nada" e, enriba da mesa, poñen datos; "a nosa provincia foi a que maior porcentaxe de votos lle deu ao PP en Galicia e iso hai que telo moi en conta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 anónimo

... non houbo moitas intervencións porque a web de GC tivo problemas técnicos e era imposible achegarse a este fío ... malpensado ...

3 LOS FOROFOS DEL PP

Por aquí non vexo moito comentario dos forofos

2 anónimo

Por certo, usar o Audi (que querencia teñen por estes coches, digan o que digan) oficial para levar aos netos á escola e facer recados... Como se chama?. Ah, claro, facíao o chófer de "motu proprio"

1 anónimo

O ÚNICO BÓ QUE PODE TRAER A VICTORIA DE FEIJ009 É A REBARBADORA PARA BALTAR