Leiceaga pide un cara a cara con Feijóo pero non se nega a outros debates e "negociará" sobre a oferta da CRTVG

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, insistiu este xoves en que é "importante" que se celebre un "debate a dous" entre el mesmo e o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, aínda que precisou que non se negará a outros debates.

VIGO | 25/08/2016 | Actualizada ás 14:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, insistiu este xoves en que é "importante" que se celebre un "debate a dous" entre el mesmo e o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, aínda que precisou que non se negará a outros debates.

Así respondeu nun acto sobre sanidade que tivo lugar en Vigo, a preguntas dos medios sobre a oferta da CRTVG de celebrar un debate entre os cinco candidatos (PPdeG, PSdeG, BNG, En Marea e Cidadáns) o próximo 12 de setembro.

"Cremos que é importante facer un debate a dous con Feijóo, porque é unha forma útil de contrastar propostas e alternativas. Somos (os socialistas) a principal forza da oposición en Galicia, a segunda forza no Parlamento de lonxe e, en termos municipais, a que goberna a máis cidadáns,", xustificou Fernández Leiceaga.

Segundo o candidato socialista, ese cara a cara "sería necesario" porque "esa é a tensión política que hai agora" en Galicia". "Pero non nos negamos a ningún outro debate, o da CRTVG e algún máis", precisou.

Así, anunciou que o PSdeG-PSOE vai negociar as condicións do formato proposto pola radio televisión pública galega "para que se dea nas condicións que mellor faciliten aos cidadáns o acceso á información", e avanzou que non descarta propoñer "algunha outra cousa".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta