Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2016 | Actualizada ás 12:12
CIG, CCOO, CSIF e UGT reclaman que a Consellaría de Facenda volva a mesa de negociación ante "os graves problemas que afectan ao SPDCIF". Para meterlle presión ao Goberno, lanzan unha manifestación. Será o vindeiro 1 de setembro, xoves, ás 11:00 horas, na Praza do Obradoiro de Santiago.
Na súa opinión viviimos unha "situación de emerxencia" debido ao desmantelamento, atomización e privatización das tarefas contra os lumes.
Consideran que esta “irresponsable” fragmentación do dispositivo a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións. Esta política de división de esforzos “está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas”.
Xunto a isto denuncian a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional Unha das reivindicacións clásicas do colectivo é que as brigadas tamén traballen no inverno, realizando tarefas de prevención.
Denuncian ademais o "incumprimento do Goberno do Partido Popular" respecto ao seu compromiso público de recoñecemento da profesión de bombeiro forestal. Lembran que iso “impide o acceso do colectivo ao recoñecemento de enfermidades profesionais propias do traballo desempeñado e o recoñecemento dos correspondentes dereitos legais a redución da idade de xubilación”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.