Aberto o prazo para solicitar o Bono Coidado que subvenciona servizos puntuais de atención a nenos a domicilio

A Xunta abriu o prazo para solicitar o Bono Coidado, un programa a través do que se concederá unha axuda económica directa ás familias para colaborar no pagamento do importe de servizos puntuais a domicilio para atender a menores de tres anos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2016 | Actualizada ás 18:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o prazo para solicitar o Bono Coidado, un programa a través do que se concederá unha axuda económica directa ás familias para colaborar no pagamento do importe de servizos puntuais a domicilio para atender a menores de tres anos.

A convocatoria foi publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo sinalou nun comunicado a Consellería de Política Social, impulsora desta iniciativa.

En concreto, a axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio por enfermidade do menor e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar en situacións puntuais.

O bono concederase en réxime de concorrencia non competitiva ás familias residentes en Galicia que necesiten este recurso para cubrir necesidades puntuais. Así, se subvencionarán un máximo de 20 horas en 2016 e de 60 en 2017.

AXUDAS fixadas

En concreto, as familias cunha renda per cápita familiar de ata 3.750 euros obterán unha axuda de 14 euros por hora; as unidades familiares cunha renda per cápita familiar de entre 3.750 e 7.500 euros, 11 euros por hora; e as familias con entre 7.500 e 10.000 euros recibirán nove euros por hora.

Ademais, as unidades familiares cunha renda per cápita familiar de entre 10.000 e 13.500 euros --o máximo para recibir a axuda-- obterán sete euros por hora.

O período subvencionable abrangue ata o 30 de setembro de 2017. Para 2016, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 e, para o ano 2017, a de 2015.

As persoas interesadas en beneficiarse do Bono Coidado deberán presentar unha solicitude dispoñible nas páxinas web www.xunta.es e www.politicasocial.xunta.gal. Ademais, os interesados deberán presentar a documentación requirida na orde do DOG na xefatura territorial da Consellería de Política Social da súa provincia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta