Navantia asina co Goberno australiano o acordo para o estudo de viabilidade das futuras fragatas

O Departamento de Defensa de Australia avaliará as capacidades, risco e outras materias asociadas á proposta de Navantia para o programa das futuras fragatas da clase SEA 5000.

Por E.P. | Ferrol | 29/08/2016 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia e representantes do goberno de Australia asinaron un acordo para a realización dos estudios de viabilidade para o programa das futuras fragatas da clase SEA 5000.

Fragata Avante 2200 patrol
Fragata Avante 2200 patrol | Fonte: www.navantia.es

Esta fase forma parte do concurso posto en marcha polo departamento de Defensa australiano, que á súa vez tamén alcanzou acordos similares cos outros dous construtores que chegaron á fase final que determinará qué empresa faise co concurso, como son a italiana Fincantieri e a británica BAE Systems.

Tras este acordo, e por un período dun ano, a Commonwealth e Navantia traballarán de forma conxunta, permitindo ao departamento de Defensa do país das antípodas a avaliación das capacidades, risco e outras materias asociadas á proposta de Navantia.

Este acordo enmárcase dentro do anuncio que realizou o primeiro ministro australiano, Malcolm Turnbull, polo que Navantia e as outras dúas empresas construtoras de buques militares foron seleccionadas para participar neste proceso de RRDS (Risk Reduction and Design Study).

A participación neste programa da empresa pública española, pertencente á SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), é unha oportunidade de participar no programa naval de buques de superficie máis relevante da actualidade e que ademais permitirá continuar co desenvolvemento das capacidades de Navantia Australia e o seu centro de Operacións e Deseño, que participará activamente nesta fase de deseño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta