A AGAI pide que se equipare o terrorismo de ETA co palestino

A Asociación Galega de Amistade con Israel ben de emitir un comunicado no que, logo de condenar o atentado de ETA que lle custou a vida a dous gardas civiles en Mallorca, pide aos medios de comunicación que equiparen estas accións coas dos terroristas palestinos porque todo terrorismo é merecedor da "nausea"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 09:13

Comparte esta noticia

.

A tolemia desatada por este feixe de fanáticos non ten politicamente ningunha explicación racional e só a psiquiatría podería atender as razóns que estos iluminados teñen para proseguir a súa carreira de sangue e morte cara a ningures.

.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos amosar a nosa solidariedade moi especial coas familias dos asasinados e a nosa máis radical -de raíz- condena do atentado terrorista que hoxe segou dúas vidas e onte puido ter causado en Burgos unha masacre descomunal.

..

Pero desde AGAI queremos facer un chamado á reflexión.

.

Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?

.

Porque non é humanamente entendible nin decente, rexeitar e condenar con claridade o terrorismo perpetrado por ETA e non facer o mesmo cando é Hamás ou a Yihad islámica quen fai estoupar unha pizzería, un autobús ou un restaurante.

.

Todo o terrorismo é merecedor da nosa nausea. Tamén cando as vítimas son cidadáns israelís.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

7 Es Gaza dos

Sería mais doado comparar o padecemento do pobo palestino có Holocausto pero non é politicamente correcto nun mundo "civilizado" de bombardeos quirúrxicos, danos colaterais e outras pamplinas que ocultan o asesinato consentido

6 Shovrim Shtika

Pois tamén podería equipararse co terrorismo de estado practicado por Israel, denunciado pola ONG israelita Shovrim Shtika (Rompamos o Silenzo) e apoiado polos nazis de AGAI.

Que uns galegos sexan máis pelotas co estado de Israel que os propios israelitas cheira mal, moi mal. Cheira a cartos da embaixada. Cheira a mercenarios da opinión. Cheira a nazis.

5 anonimus

Pois parece moi pero que moi ben.Non sei cal dos dous seran peores.

4 Zush

Que lle meteran algúns á comida kosher para falar asi...

3 Pepe Tela

Abofé, o movemento demóstrase andando. Certo é que a esquerda europea ten un serio problema coa súa renuncia a falar claramente en contra do terrorismo palestino, pero os señores da AGAI son os últimos en poder reclamar firmeza moral cando non son quen de ver nada malo nas politicas represivas de Israel.