"ALEA IACTA EST"

Preto dun 30% dos pais quere que a ensinanza dos seus fillos sexa só en castelán, fronte a un 20% que quere que se faga só en galego. Case o 50% aposta polas duas linguas tanto na ensinanza Primaria, na secundaria como na Formación Profesional. Estes son os datos da enquisa encargada por Educación e que deu hoxe a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.  Gaña, pois, o ensino bilingüe tal e como resalta a propia Xunta nun comuicado de prensa. Podes ver o informe completo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

43 anonimus

Xa,xa,nada,siguen igual,buscan conspiracións en calquer sitio pra exculpar da dolorosa derrota do benegagá,pois nada,ogalla sigan así por moito tempo que convertirase nun partido de camaradas.

42 Bule bule

Que sector da poboación?? A dos nenos que en moitos casos encheron as enquisas nas clases, ou os que encheron 5 enquisas por que teñen 5 fillos?? Que tipo de enquisa é isa?? De que mostra de poboación nin que demo me estás a falar.? Volvo a preguntarte, que garantías ten esa enquisa?? Pois nos "resultados" deses datos van basar a súa política educativa, cultural e política. Pero nada rapaz. Ti segue tragando.

E todo isto para que?? Para contentar a uns ultradereitistas antidemoráticos (que aínda por riba non se cortan en manifestar públicamente o seu chantaxe ó goberno - Eles "deronlle" os votos que necesitou Feijoo para ser presidente)que isto non lles parecerá suficiente e non pararán ata segregar e romper unha sociedad que ata agora era homoxénea. Pero claro. Isto non é "imposición".

Xa está moi manido o tema de que a xente votou maioritariamente ó PP. Ó BNG+PSOE obtivo 5000 votos máis que o PP. Estades gobernando pola Lei D´Hont, non por que tiverades máis votos co anterior bipartito. Non me veñas con contos.

O PP xamais baixa dos 700 mil votos. E se Feijoo ponse en taparrabos e ponse a bailar a danza da choiva e o día seguinte hai eleccións, o PP terá 700 mil votos. A xente que vota o PP non ten ABSOLUTAMENTE ningún espirito crítico: levan votando toda a súa vida ó PP, e morreran votando ó PP. Digan o que digan e fagan o que fagan. E ti es o perfecto exemplo. Mentras vos sigan botando cacahuetes, vos a tragar. Desgrazadamente, eu contigo. Así nos vai.

Está impugnada meu rei. O que pasa é que iso, evidentemente en "la Voz..." e nos medios da dereita que ti les, por suposto que non sae.

41 anonimus

Os do benegagá pensan que os demaís son coma eles,con iso de derrochar e malgastar os cartiños que non son seus.
7,0%,6,9%,...baixando.

40 youspinmeround

Pois eu, coitado, que non teño tantos dedos de frente contesto dicindo que teño a impresión de que mareas a perdiz.

1) Fíxose unha enquisa, e non sei que ningunha disposición prohíba a un goberno coñecer a opinión dun sector da sociedade como son os pais a traverso dunha enquisa. A partires de aí pódese dicir que a enquisa non é todo o rigorosa que debía ser, que tiña que adoptar un modelo de referendo e convocar a todos os galegos maiores de idade, ou a todos os españois, ou a todos os cidadáns da Unión Europea.

2) Di o Código Penal algo así como que ninguén pode prohibir aquelo que non prohíbe a lei. Que eu saiba, ningunha disposción impide gastar cartos públicos en facer unha enquisa, e moito menos precisa da autorización do goberno e a sanción de El-Rei.

En canto ao último que dis, sobre posible pucherazo ou que superaron o límite dos 60 mil euros que fixa a lei de Contratos do Estado:

1) Non estamos na II República para andar dando pucherazos como o do Estatuto de Autonomía e demais sinvergonzadas. Galicia vota de xeito maioritario ao PP e os resultados parécenme congruentes co que votou o pobo nas últimas autonómicas.

2) Se o goberno superou o límite máximo previsto na lei de Contratos, e eses 400 mil euros non corresponden á suma de partidas diversas, alcanzando así a categoría de delito presidiable, non sei que fas ou que fai a Mesa ou o BNG que tamén se opuxeron á enquisa que non vos ides a comisaría e poñedes unha denuncia. Logo tan ilegal non debe ser.

39 Bule bule

Como que non yous??

Non te parece de especial transcendencia que se pregunte sobre o uso dun dos dous idiomas dun país??

Se estaba preguntando por algo como a língua non pola tapicería dos citroëns.

E a ti non te pareceu un referendo?? Foron convocados 300 mil persoas para preguntarlles algo que afecta a todolos cidadáns (incluído a ti). Entón, volvo a preguntarte. Deu permiso o goberno?? Sancionouno El-Rei??

E incrible a "elasticidade" da Constitución cando vos conven mentras que noutros temas hai que tomala o pé da letra.

E xa que estás tan "enterado" yous, quizáis poderiasme contestar as preguntas que fixen do tipo: Que garantías hai de que mentras estiveron almacenados (6 semanas!!) non foron manipulados?? Cantos notarios certificaron a legalidade do reconto?? En base a que criterios contratouse a esa empresa valenciá e non a outra?? Onde foi publicado o concurso para optar a xestionar ese reconto?? Esta última, se non se fixo así, o superar o custo máximo fixado por lei, e TOTALMENTE ilegal, con responsabilidades penais.

Todas estas preguntas son grosso modo das que se fai calqueira persoa con dous dedos de fronte. E quedanme moitas máis.

Espero a túa contestación.