O galego, unha das 16 linguas do Metro de Londres

A empresa pública de transportes da capital británica tenta contrarrestar os efectos do Brexit cunha campaña multilingüe que salienta o carácter aberto da cidade e na que participan varios traballadores foráneos do subterráneo londinense, incluída unha moza galega.

Por Galicia Confidencial | Londres | 15/09/2016 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Tras a decisión do Reino Unido de abandonar a Unión Europea, Londres, cidade na que son maioría os que queren continuar na UE, iniciou distintas campañas para amosar o seu carácter aberto, cosmopolita e integrador. Unha destas campañas é a que iniciou Transport for London, que vén de presentar unha peza audiovisual promocional do Metro de Londres na que se utilizan até 16 linguas de todo o mundo, incluído o galego.

Moza galega que traballa no servizo de información do Metro de Londres.
Moza galega que traballa no servizo de información do Metro de Londres.

Chama a atención que o galego é, canda o castelán, a única lingua do Estado español que se utiliza neste anuncio, o cal demostra o peso da emigración galega nesta cidade e en todo o Reino Unido.

O anuncio é protagonizado por traballadores do Metro de Londres de distintas nacionalidades, que promocionan nos seus respectivos idiomas o servizo de transporte subterráneo da capital británica. Un deles é unha moza galega do servizo de Información, que aparece no segundo 25, cando di: "Londres está aberta para todos".

O anuncio, impulsado polo novo alcalde laborista, Sadiq Khan, para contrarrestar a mensaxe antiinmigrante do Brexit, enmárcase na campaña 'London is open', na que se expresa: "Londres está aberta a todo o mundo e o noso persoal está orgulloso de mostralo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

1 Jesucristo (m)

In English, please, you fuckin´rednecks.