Eu coñecia a Lidia hai trintaetantos anos cando estudaba en Monforte e podo atestiguar que xa daquela era nacionalista e dende logo vese que non avanzou nada.Hai algun tempo soltou unha das suas tontadas dicindo que os galegos temos que ter soberania alimentaria, sin exportar nin importar nada. Vamos que temos que comer todo o que temos aqui, inda que non nos guste, e non podemos comer o que nos guste si é de fora. Claro exemplo de que os que presumen de progresistas en realidade son retrasistas.
Non entendes nada de nada, Nostrus, es un auténtico analfabeto ou é que a túa cegueira sectaria impide que vaias máis alá. Revisa un pouco por aí o que é a soberanía alimentaria (parece que tes acceso a internet) e logo falamos. Cando a sociedade de países como Alemaña, Dinamarca, Suecia, etc. está volvendo os seus ollos cara aos produtos de proximidade (pan artensán, froita e legumes de tempada, etc.) ti has seguir comprando pementos de Marrocos en febreiro, leite en pó de vacas irlandesas tratada por Reny Picot, peixe do Pacífico que sabe dios como chega e pan precociñado elaborado ("elaborar" xa é dicir moito) nun polígono de Torrelodones. Ala, aliméntese mellor e trate de coidar os produtores locais, cuxo beneficio redunda no benestar de todos.
Produtor, deixame a min como consumidor decidir o que quero comer e deixemos tamen ao resto da xente. Mellor será para todos que eu consuma cava catalan, anchoas de Cantabria e que os cántabros e catalans consuman o noso marisco, mellor sera deixarme a min escoller a mercar un Citroen ou uin Seat igual que os catalans e non estar condenado a ter eu un Citroen e os catalans estar condenados a mercar Seat, mellor sera que eu poda acceder a consumir naranxas de Valencia e os valencians que podan consumir os nosos grelos. Atentar contra o comercio é antiprogresista e estúpido, pero tamen o nacionalismo é algo estúpido.
Definitivamente non dás. Falas dun comercio libre no que podes escoller o produto que queiras e é unha soberana mentira. Non coñeces nin o funcionamento básico do sistema económico no que vivimos. Pensas que es libre por escoller entre Zara ou H&M cando o comercio está trabado por aranceis, a imposición de condicións de numerosas distribuidoras e da empresa transformadora (sóache de algo isto no tema do leite galego?) ou tratados de libre comercio que xogan coa nosa saúde e os nosos dereitos laborais. para ti liberdade como comprador suporá comprar todos os domingos do ano mentres os autónomos das cidades comen os mocos porque non poden competir coas grandes superficies. Para ti libre comercio é o pacto de Repsol e Campsa. Vamos, que non te entereas. Lidia Senra non di que non poidamos comprar cava catalán (iso dío o PP e Ciudadanos coas súas chamadas ao boicot contra Catalunya) nin anchoas de Cantabria, estás moi equivocado.
Trátase de apoiar o comercio de proximidade por razóns económicas e de saúde alimentar, de poder seguir a trazabilidade do produto, de respectar os ciclos produtivos da terra e o mar. Alá ti co teu nihilismo. Segue comprando produtos baratos en Mercadona arrincados da pel dos produtores (de Andalucia, de Valencia, de Galiza, de Castela...) ou panga e ameixa asiáticos mentres a UE obriga a tirar os descartes da nosa frota. Compra un ti o peixe do Pacífico que rompeu varias veces a cadea de frío e chega á túa mesa estragado ou compra a carne con clombuterol de Arxentina e Brasil, pero deixa que un goberno cos pés na terra mire pola nosa saúde e o noso benestar.
Produtor. Para empezar non te creas mais listo ca min porque non tes motivos. Tamen che digo que non che quito parte de razon no que dis porque eu concordo bastante contigo, pero o que pretende lidia Senrra é que os galegos teñamos cero comercio, que comamos todo o que temos aqui sin que sobre nin falte nada, que comamos o queixo galego e non comamos manchego, que bebamos viño albariño e non bebamos rioja. Tal vez pensando que asi sairiamos gañando porque pensamos que os demais non farian o mesmo. Si nos non mercamos o de fora...¿quen vai mercar o noso?. Cada un que consuma o que prefiera e todos estaremos contentos e por eso non perxudicaremos os nosos produtos porque os de fora tamen os consumiran. por outra banda si nos mercamos só produtos galegos e o produtor ten o mercado asegurado non se esmerará en ter produtos de calidade. En todas partes hai cousas boas e non tan boas, pero que sexa o consumidor quen decida.