A Policía Local de Vigo recupera unha tartaruga localizada por un cidadán nunha zona rochosa de Cabo Estai

A Policía Local de Vigo recuperou unha tartaruga semiacuática, que foi entregada por unha cidadán que a atopou nunha zona rochosa de Cabo Estai, e que presentaba algúns danos na cuncha, posiblemente dunha caída.

Por E.P. | VIGO | 20/09/2016 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

A Policía Local de Vigo recuperou unha tartaruga semiacuática, que foi entregada por unha cidadán que a atopou nunha zona rochosa de Cabo Estai, e que presentaba algúns danos na cuncha, posiblemente dunha caída.

O animal, duns 25 centímetros e da familia Emydidae, é orixinario do sueste de EE.UU. e Noroeste de México, pero está estendida por todo o mundo como mascota. Este tipo de tartarugas tamén se coñecen como tartarugas pintadas ou de orellas vermellas.

O exemplar localizado foi entregado a un depositario, segundo informou a Policía Local, á espera de que alguén que acredite ser o seu dono a reclame.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galego

Cabo Estai