Os nazis galegos presentanse en sociedade

Este sábado ten lugar no polígono de "A Grela" na Coruña o Festival Finisterrac, organizado por "M.R.A. Gallaecia"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

None

Este grupo é coñecido na escena skinhead de extrema dereita por agresións a opoñentes políticos e inmigrantes, está moi vinculado a CEDADE e asegura na súa páxina web que o seu obxectivo é:

Redimir ao nosso povo, à nossa naçom, à nossa pátria do jugo do estado espanhol e da usura internacional, motor e combustível do liberal-capitalismo. Entendemos que o actual processo de globalizaçom e encaminhamento cara o estado único mundial é a culminaçom de um longo devir histórico que começa tam longe de nós no tempo como no Império Romano. Os actuais estados modernos, artificiais de forma induvitável, e que sem excepçom praticarom a homogeneizaçom entre as diferentes naçons que os conformam, som um passo mais do genocídio étnico que deve levar a consecuçom de "um mundo feliz" formado por seres grises e nom diferenciáveis, onde a diferência será delito. As inumeráveis evidências amostram-nos como o liberal-capitalismo conduz-nos ao pretendido "paraiso" na terra marxista. Portanto, estamos ante o mesmo veleno com distinto sabor. Ambos compartem o mesmo objetivo, o dito "paraiso terrenal", a mesma motivaçom e concepçom ideológica da história, a materialista e lineal (coincidindo por certo com o judaísmo e a sua seita cristà), e os mesmos meios, o terror indiscriminado contra as gentes e os povos.

Ademais dispón dunha páxina no youtube con numerosos videos nos que criticas os separatismos, denuncia a política migratoria e pide un estado galego que recupere os antigos territorios da Gallaecia.

O concerto deste sábado reunirá ao grupo galego OrigeNS Gallaecia e ao bretón Bretonische Waffenverband. Grupos de esquerda anunciaron que boicotearán este concerto e xa convocaron unha manifestación para a tarde do venres. Non descartan, ademais, acudir ao lugar do concerto para tentar "rebentalo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

16 Clariño

Filólogo, negas o evidente. En español pronúnciase como se le, e escrébese como se pronuncia. E iso non sucede en portugués, en francés ou en inglés, onde teñen unha grafía que repeta a orixe da súa lingua e que me parece mais científica.

Os estranxeiros terán dificultades para aprender o español pola multitude de verbos irregulares que hai, pero non por ler, porque f+a pronúnciase sempre fa, c+a dise sempre ca, e non za; c+i é sempre ci, e non qui, etc.

David, concordando con ambrosio nas cuestións lingüísticas, entendo que partes dunha falacia retórica, que como agora os que usan o galego "lusista" son os nacionalistas (que nin que tiveran cornos e rabo) resulta que non se pode usar. Eu non son nacionalista, que para español eu, e para galego tamén eu, que para min a unidade de España é sagrada, pois como di a CE é patria común e INDIVISIBLE de todos os españois, entre os que nos atopamos os galegos. Ti empregas argumentos políticos nunha cuestión científica ou filolóxica, que o que digan os nacionalistas en cuestións filolóxicas é sempre inaceptable, e eu teño para min aquelo de que a verdade é a verdade, dígao Agamenón, ou seu porqueiro.

O problema da minusvaloración do galego, e eu vexoo na Coruña, que son coruñés de toda a vida, e polo tanto non teño nada supostamento vergoñento que ocultar, é que aquí recibimos a moita xente do campo desde hai bastantes anos. Como moitos dos seus fillos teñen por cousa vergoñenta ter orixe rural (como seguramente o teño eu se me remonto ao séxulo XIX e non teño ningún complexo) esconden que os seus foron "desertores del arado", frase que acuñaron os que tendo tamén unha orixe rural, subiron en estatus social, so tiveron diñeiro e moi pouca ou nula formación, e en algo tíñanse que diferenciar dos que non tiñan diñeiro, e xa que non teñen formación, pretenden manter ese estatus aínda que sexa aproximándose ao nazismo, mantendo a idea de que hai linguas e persoas superiores a outras, que hai xente inferior. E iso, guste ou non, é consustancial ao nazismo. Estes complexos foron aproveitados pola ultradereita para reforzar o seu ideario político-económico e colarnos así como de rondón que as autonomías son unha merda, que gastan moito, e era mellor gastar desde Madrid, que eles gastaban mellor (e enchían os seus petos), que a única lingua a falar e usar en serio en España é o castelán, e que, en definitiva, con Franco se vivía mejor...

Insisto que se entrades nos foros de GB non paran de colocar etiquetas efectistas, irreflexivas, por exemplo o de nazis aos nacionalistas ¿Non será que pensan que unha mentira repetida moitas veces acaba por convertirse en verdade? ¿Quen sostiña o anterior? ¡Pillabáns, pillabáns!

15 perocarallo

E, como sempre, algúns confundindo os allos cas cebolas...

14 anónimo

David, menuda empanada mental que tés, rapaz. Partindo de que eu non son nacionalista, e non me da vergoña dicir que son vigués, galego, español, europeo, etc... e aceptando que os da UPGá gobernogalegoxá están máis pasados que as maracas de Machín, gostaríame que reflexionaras un pouco sobre o concepto da Administración que teñen xente coma Baltar, por exemplo: Que che parecen as cacicadas, podes darme a túa opinión?
Eu, a verdade, non vin moita cousa diferente entre o bipartito e Fraga, era máis do mesmo, cos seus consorcios, Seagas, etc... E así nos vai.
E sobre a utilidade da lingua e a súa implantación vai sal un pouco da cidade, dá unha voltiña por calquer concello e escoita á xente, sin sacralizar nada.

13 Filólogo

Clariño, modestamente, creo que te estás facendo a picha un lío. O galego normativo non se pronuncia como se escribe. Nin o castelán. Cada idioma interpreta dun xeito o código de información que conlevan as súas consoantes e vogais. Se o castelán ou o galego foran de pronunciación tan sinxela, ¿por qué aos estranxeiros lles custa aprendelo? Estamos frivolizando sobre as linguas, fenómenos altamente complexos.

12 Ambrosio

David, partes de erros de raíz. Comezando polo final, os galegofalantes non falamos da superioridade da lingua galega, tampouco o fan as organizacións nacionalistas, eu non coñezo ningún postulado dese tipo. É simplemente unha lingua que serve para comunicarse, claro, e do seu uso derívanse uns dereitos lingüísticos. Por suposto, conforma unha parte importante da identidade colectiva, aquí, en Murcia ou en Lyon, e por dicir isto non se é nazi. Precisamete, quen inclúe un principio de superioridade es ti en base á proxección internacional dunha lingua, e eu desprendo que, como facían os nazis, só os fortes, nestes caso idiomas con moitos falantes e prestixio internacional, teñen dereito a existir.

Sobre se o concepto que os nacionalistas galegos temos da economía e a admon. é totalitario éche unha opinión moi persoal, de feito dilo pero non o demostras de ningunha maneira. Na práctica, en concellos ou na Xunta non se ten diferenciado moito a política duns e outros, a non ser que o BNG e o Psoe defende algo máis (tampouco de maneira moi firme) os servizos públicos. No entanto, eu si vexo reaccionario os principios económicos que rexen o neoliberalismo rampante: se un sector non é produtivo dende o punto de vista empresarial que peche, xa producirán outros por menos para obtermos maiores beneficios. Iso si é involutivo e négalle a millóns de persoas en todo o mundo un traballo e unha vida dignas.

Por suposto, non entrarei a valorar a outra cuestión que apuntas, que se os nacionalistas galegos somos antisemitas... supoño que na mesma medida que os grupos israelís que censuran o seu propio goberno polo tratamento que lle dá ao pobo Palestina. Non te equivoques, unha cousa é condenar o holocausto como un feito aberrante que segue sucedendo con outros pobos noutras partes do mundo a día de hoxe e outro tema é a práctica parlamentaria de mocións, consensos, meter unha liña máis, facede aquí unha referencia á situación actual, saca de aí que nós non queremos, etc. Evidentemente, se non falaramos nun foro e ti e mais eu fosemos amigos, parentes ou veciños non mo dicías á cara (dito isto restándolle o que poida ter de reto, non é iso), máis que nada porque terías un pouco de vergoña intelectual e un algo máis de madurez para non botar estas soflamas partidarias que botas aquí.