Os nazis galegos presentanse en sociedade

Este sábado ten lugar no polígono de "A Grela" na Coruña o Festival Finisterrac, organizado por "M.R.A. Gallaecia"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

None

Este grupo é coñecido na escena skinhead de extrema dereita por agresións a opoñentes políticos e inmigrantes, está moi vinculado a CEDADE e asegura na súa páxina web que o seu obxectivo é:

Redimir ao nosso povo, à nossa naçom, à nossa pátria do jugo do estado espanhol e da usura internacional, motor e combustível do liberal-capitalismo. Entendemos que o actual processo de globalizaçom e encaminhamento cara o estado único mundial é a culminaçom de um longo devir histórico que começa tam longe de nós no tempo como no Império Romano. Os actuais estados modernos, artificiais de forma induvitável, e que sem excepçom praticarom a homogeneizaçom entre as diferentes naçons que os conformam, som um passo mais do genocídio étnico que deve levar a consecuçom de "um mundo feliz" formado por seres grises e nom diferenciáveis, onde a diferência será delito. As inumeráveis evidências amostram-nos como o liberal-capitalismo conduz-nos ao pretendido "paraiso" na terra marxista. Portanto, estamos ante o mesmo veleno com distinto sabor. Ambos compartem o mesmo objetivo, o dito "paraiso terrenal", a mesma motivaçom e concepçom ideológica da história, a materialista e lineal (coincidindo por certo com o judaísmo e a sua seita cristà), e os mesmos meios, o terror indiscriminado contra as gentes e os povos.

Ademais dispón dunha páxina no youtube con numerosos videos nos que criticas os separatismos, denuncia a política migratoria e pide un estado galego que recupere os antigos territorios da Gallaecia.

O concerto deste sábado reunirá ao grupo galego OrigeNS Gallaecia e ao bretón Bretonische Waffenverband. Grupos de esquerda anunciaron que boicotearán este concerto e xa convocaron unha manifestación para a tarde do venres. Non descartan, ademais, acudir ao lugar do concerto para tentar "rebentalo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

11 David

Para Clariño.
Creo que te equivocas. Hoy por hoy el gallego lusista está asociado a las proclamas de grupos radicales a pesar de que haya personas que lo empleen que no pertenezcan a ellos.

Cada cosa hay que juzgarla teniendo en cuenta su tiempo y lugar. Así por ejemplo la esvástica es un símbolo muy antiguo que se puede ver en un montón de lugares a lo largo del mundo, desde hace muchos siglos ain que tenga nada que ver con el nacionalsocialismo.

Sin embargo, aquí y ahora, si un partido político utiliza la esvástica es más que evidente donde se posiciona.

Desgraciadamente el nacionalismo gallego tiene mucho que ver con el nacionalsocialismo alemán. A fin de cuentas son nacionalistas y socialistas. Su concepto de la economía y de la Administración es totalitario; como muestra podemos ver el programa político de la UPG, en su página web. Si a eso unimos la sacralización de la lengua gallega, muy parecida a la que hicieron los secuaces de Hitler con el alemán, la realidad es que las similitudes son bien reales. No hace falta añadir tampoco las demostradas negativas a condenar el Holocausto por parte de los nacionalistas gallegos, ni su fobia al estado de Israel.

Vamos, que como se puede comprobar, similitudes haberlas, haylas.

Y en cuanto a la superioridad de las lenguas hay que distinguir dos cuestiones. En primer lugar su utilidad, porque frecuentemente se olvida que las lenguas esencialmente solo sirven para comunicarse, por lo que posiblemente en este sentido el inglés sea la mejor de todas por su implantación internacional.

El otro aspecto de la superioridad de las lenguas es completamente superfluo a no ser por cuestiones sentimentales. El problema es que he escuchado a bastantes nacionalistas gallegos defenderla, a pesar de que se puede comprobar facilmente que la implantación internacional del gallego es completamente nula.

10 Clariño

En latín medieval está documentada a forma Artasio que deu Arteixo.

¿Non sería mais normal escribir Arteijo e pronunciar Arteixo?

Aínda que non son filólogo, resúltame un pouco raro que

ArtaSIO > ArteIXO

¿Non é esa X un invento artificioso para acomodar a escrita no galego á ortografía do español e alonxala da súa familia lingüística (o portugués claro está) que non fai tal cousa?

9 Clariño

Eu non son filólogo, pero as razóns dos lusistas non me parecen un absurdo. O problema é que en español escribimos como pronunciamos e pronunciamos como escribirmos, e isto so se da en español (e contaxiouse ao galego), que en inglés, francés ou portugués escríbese dun xeito e pronunciase doutro.

En galego normativo que ten unha ortografía prácticamente calcada do español, escribimos Sanxenxo ¿non? Sanxenxo ten a súa orixe en Sanctus Genesius ¿verdade? En latín medieval está documentada a forma Ienigio.

Pois a ver se alguén me explica se é lóxico que Genesius deveña Xenxo, pasando por Ienigio. E a ver se non sería mais lóxico que escribíramos Sangenjo e pronunciáramos Sanxenxo, tal e como fan os portugueses coa súa língua, que escribe dun xeito e pronuncian doutro, que algún parentesco maior que o español ten co galego, digo eu.

Outra cousa son as razóns históricas e que sexa complexa unha volta atrás, pero a min paréceme mais lóxica a evolución:

Genesius > Ienigio > Genjo, o que, insisto, non impide pronunciar Xenxo.

8 Filólogo

En referencia a clariño e a influencia do portugués. Lean o seguinte texto:
Fezist estrellas e luna, e el sol pora escalentar,
Prisist encarnaçión en Santa María madre,
En Beleem apareçist, commo fue tu veluntad,
Pastores te glorificaron, oviéronte a laudare,
Tres reyes de Arabia te vinieron adorar,
Melchior e Gaspar e Baltasar, oro e tus e mirra
Te ofreçieron, commo fue tu veluntad.

Trátase do Cantar do Mío Cid. A formación das linguas romances na península obedece a un proceso evolutivo no que interactuaron moitos factores. A versión filolóxica lusista é moi simplificadora, tanto que pretenden chegar a un estándar cercano a unha misteriosa lingua medieval que só empregan na escrita, porque os lusistas ou reintegratas, non falan dese xeito.

7 Ambrosio

Facede o favor, David e Colonel, ou David-Colonel, escribie neste foro como persoas adultas. Se vos aburrides idea ás páxinas porno pero non escribades parvadas.