Para que aínda se vexa mais ese plumeiro que me endosa Anónimo e tanto saco a lucir, digo eu...
Por darlles mais ideas aos da memoria histórica, ¿cómo non piden que se saque tamén do nomenclator da Coruña unha praza ou rúa adicada a José González Dopeso, que segundo se sabe foi xefe do Negociado de Información y Bienes Marxistas? ¿Ou esto xa non convén porque Dopeso foi unha persoa mais que querida na Coruña, o PSOE non tragaría, e a cidade botaríase enriba?
Por se alguén non o sabe, este Negociado de Información y Bienes Marxistas encargouse de todo aquelo relacionado coa incautación de bens mobles e inmobles dos perdedores da Guerra, dos partidos e sindicatos suprimidos, etc. E se Fraga non merece ser fillo adoptivo da Coruña (que non o merece no meu sentir, que nunca puido ver aos coruñeses, pero ten ese nomeamento hai moitos anos e me paréce pueril andar nestes tempos con tribunais negros ou xogar ao marcarthismo) non sei porque ten que ter un nome alguén que participou ou dirixiu a incautación de bens dos perdedores da guerra, que non me parece un cargo dos que presumira Dopeso.
Que me volvan a soplar neste ollo, ho...