SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 18:37 por EUROPA PRESS
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) organizan a primeira xornada 'A saúde en todas as políticas. O seu desenvolvemento no ámbito local', que se celebrará o próximo 4 de outubro en Galicia.
O obxectivo da xornada é poñer en valor as políticas e accións doutros sectores diferentes ao sanitario que teñen un impacto en saúde, baixo a premisa de que "o sector da saúde non pode traballar de xeito illado senón que son necesarias abordaxes intersectoriais que coordinen as intervencións que poidan ter repercusión na saúde, o benestar e a calidade de vida".
A xornada está dirixida ás persoas con responsabilidade política e técnicos das corporacións municipais, deputacións e administración autonómica que traballan en áreas con impacto na saúde --sanidade, ambiente, deporte, infraestruturas, transportes, servizos sociais ou educación--. Tamén estará aberta a representantes dos grupos parlamentarios, así como membros da Comisión e Sanidade.
Nela intervirán destacados relatores da universidade, Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade vinculados ao sistema sanitario público doutras comunidades, ou da administración local.
O evento terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e será gratuíta. A admisión respectarase a orde de inscrición e esta farase on-line.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.