Por Galicia Confidencial | Muxía | 03/10/2016 | Actualizada ás 20:00
Báltica-Atlántica. Así se chama o proxecto que emprende estes días dende a vila de Muxía Jean François Aillet. Trátase dunha marcha de 5.000 quilómetros por 10 países europeos, con saída e remate, en Muxía, pasando por Estocolmo e Roma como paradas fundamentais. E todo, acompañado dun singular carriño.
Xa é a cuarta vez que Aillet pasa por Muxía, sempre a pé, e desta volta o recibimento que lle deu a familia do Bela Muxía, con Anxo Castro á cabeza, fíxolle sacar bágoas. E é que o francés xa leva máis de 70.000 quilómetros ás costas.
Este artista-activista ten feito numerosas accións, entre as que destaca ter enviado area ao espazo, incluída a area de varias praias da Costa da Morte. Unha vez máis vemos xente que convirte as crebas en arte. Así garda este pregrino a súa historia:
Nova do mediocolaborador quepasanacosta
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.