Denuncian que Ferroatlántica non permite o uso do galego nas reclamacións internas da empresa

A multinacional, con fábricas e concesións hidroeléctricas e mineiras en territorio galego, si acepta español, inglés, francés e chinés mandarín, segundo critica A Mesa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/10/2016 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O código ético de Ferroatlántica non permite o uso galego nas reclamacións internas da empresa vulnerando a legalidade. Así o denuncian a Mesa pola NOrmalización LingÜística tras investigar unha queixa realizada ao servizo “A Liña do Galego”.

Fábrica de Ferroatántica en Cee
Fábrica de Ferroatántica en Cee | Fonte: CIG

O chamado código ético da compañía é o equivalente ao seu regulamento de réxime interno. No seu punto 10.3.2 sinala que “se poderán formular denuncias en lingua española, inglesa, francesa, ou chinesa (mandarín) por escrito, ben mediante a cumprimentación do formulario on-line habilitado ao efecto ou ben por correo postal preferibelmente certificado e con acuse de recibo (…)”.

Desta maneira a compañía, propiedade do Grupo Villar Mir, exclúe o uso do galego. Por iso, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, pregúntase se existe esta permisividade por parte da Xunta con todas as accións desta empresa. Así, lembrou que Ferroatlántica conta con tres fábricas en Galicia e seis minicentrais eléctricas, ademais das explotacións mineiras do grupo ao que pertence.

Neste sentido, a entidade de defensa da lingua galega dirixirase non só á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á propia Ferroatlántica, se non tamén ás Consellarías de Industria e de Traballo para que actúen a favor das leis de Galiza e abran unha investigación.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “a Xunta, a través das Consellarías de Industria e de traballo, debe investigar a existencia de posíbeis vulneracións dos dereitos lingüísticos” e mais ao se tratar dunha compañía que “obtén grande parte dos seus beneficios da extracción de recursos e actividades industriais en Galiza. En troca, devolven desprezo pola lingua propia de Galiza e incumprimento da lexislación galega e europea”. Por isto a Xunta debe actuar para cumprir as súa obrigas co galego e para garantir o respecto pola lexislación e a lingua”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta