A Coruña crea un novo centro de empresas para promover a "dinamización económica" e as iniciativas empresariais

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, xunto ao deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego da institución provincial, José Luis García, inauguraron o novo centro de empresas 'Accede Papagaio', situado nesta zona da cidade.

A CORUÑA | 05/10/2016 | Actualizada ás 19:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, xunto ao deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego da institución provincial, José Luis García, inauguraron o novo centro de empresas 'Accede Papagaio', situado nesta zona da cidade.

No acto, o alcalde explicou que este centro busca fomentar "iniciativas empresariais locais", sobre todo no ámbito da innovación. "Está chamado a ser un dos elementos de dinamización económica da cidade e de formación de emprego", expuxo.

Pola súa banda, o deputado da área de Promoción Económica sinalou que este centro supón "unha aposta de futuro que esperemos que proporcione aos mozos desta cidade os medios, as ferramentas e os coñecementos necesarios para levar á práctica as súas ideas de negocio".

O novo centro, ao que o organismo provincial destinará nos dous próximos anos 150.000 euros, conta con 700 metros cadrados e alberga 74 módulos de traballo distintos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta