SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2016 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS
Unha persoa resultou ferida nun choque entre dous turismos e unha furgoneta en Cambados (Pontevedra), nun accidente acontecido na Avenida de Galicia.
A persoa ferida tivo que ser axudada a saír do vehículo. Os efectivos de emerxencia cortaron unha das portas do coche para poder evacuar a vítima, que foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital do Salnés, segundo informa o 112 Galicia.
O accidente produciuse sobre as 13,40 horas. Tamén se avisou a Protección Civil e á Policía Local. Como consecuencia da colisión, un dos carrís da vía permaneceu cortado ata que se procedeu á retirada dos vehículos e á limpeza da calzada.
Por outra banda, un neno resultou ferido na tarde deste mércores no Concello de Neda (A Coruña) ao caer da bicicleta na circulaba pola Avenida de Castelao sobre as 16,45 horas. O menor tivo que ser trasladado nunha ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.