SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2016 | Actualizada ás 19:57 por EUROPA PRESS
Un operario resultou ferido este xoves en Vilarmaior (A Coruña) ao caer a un burato mentres que a outro obreiro, en Poio (Pontevedra), lle quedou un brazo atrapado entre unha carreta elevadora e unha parede.
Segundo informa o 112, un traballador precipitouse dunha escaleira e caeu nun burato en Vilarmaior. Non foi precisa a intervención dun equipo de rescate, xa que o home puido saír polos seus propios medios.
O operario sufriu o accidente cando estaba a traballar nunha obra na zona de Grandal e foi trasladado en ambulancia ata un hospital. Un particular solicitou atención ao 112 ás 17,20 horas, e este avisou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.
Por outra banda, en Poio, un obreiro resultou ferido despois de quedarlle un brazo atrapado mentres traballaba cunha carreta elevadora, cando encaixou a extremidade entre a máquina e unha parede.
Os feitos producíronse nunha obra de A Caeira e unha persoa foi a que chamou o 112 sobre as 15,30 horas para dar conta do accidente laboral. O 112 alertou a Urxencias Médicas e aos bombeiros de Pontevedra, así como a Protección Civil e á Garda Civil.
O home foi liberado coa axuda dos membros de Protección Civil e os efectivos sanitarios evacuárono nunha ambulancia ata un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.