Actores e xornalistas galegos apoian a loita contra os "prexuízos" cara á saúde mental

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que ten lugar este luns 10 de outubro, FEAFES Galicia lanza unha campaña para tratar de desterrar os "prexuízos" que hai cara ás persoas con problemas de saúde mental.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2016 | Actualizada ás 19:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que ten lugar este luns 10 de outubro, FEAFES Galicia lanza unha campaña para tratar de desterrar os "prexuízos" que hai cara ás persoas con problemas de saúde mental.

Para iso, baixo o lema: 'Eu non teño prexuízos, ti si?', a federación galega de saúde mental elaborou un 'anuncio' no que actores e xornalistas galegos invitan os espectadores a cuestionarse o seu xeito de xulgar as persoas.

Antonio Mourelos, Irene Lourido, Antonio Durán 'Morris', Camila Bossa, Monti Castiñeiras, Diego Viaño e Sheyla Fariña son as personalidades que alzan a súa voz para explicar que a enfermidade mental non diferencia as persoas, senón que as diferenzas están "na mirada de cada un".

O anuncio, que conta con dúas versións, está sendo difundido a través das redes sociais e dalgúns medios de comunicación galegos, segundo precisou FEAFES Galicia a través dun comunicado.

A campaña FEAFES Galicia polo Día Mundial da Saúde Mental conta tamén coa páxina web 'eunontenoprexuizos.org', que serve como apoio informativo e a onde pode acudir a xente para saber máis sobre a saúde mental e sobre a iniciativa posta en marcha por FEAFES Galicia para loitar contra os prexuízos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta