Educación, universidades e CIUG analizarán en dúas semanas o borrador de orde que adaptará a PAU á nova normativa

A Xunta, as universidades e a propia Comisión interuniversitaria de Galicia deron o pistoletazo de saída ao proceso de adaptación da normativa galega ás condicións que regularán o novo modelo de selectividade, a chamada 'reválida' de Bacharelato, á lexislación estatal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2016 | Actualizada ás 19:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta, as universidades e a propia Comisión interuniversitaria de Galicia deron o pistoletazo de saída ao proceso de adaptación da normativa galega ás condicións que regularán o novo modelo de selectividade, a chamada 'reválida' de Bacharelato, á lexislación estatal.

Con este fin, citáronse nunha próxima reunión que se celebrará nuns 15 días na que se prevé examinar o borrador de orde autonómica que actualizará, precisamente, as condicións da proba á nova normativa estatal.

O conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez, xunto a outros cargos do seu departamento mantivo un encontro este venres con representantes da CIUG e vicerreitores das tres institucións académicas, co fin de empezar a abordar a organización material da proba final de bacharelato.

Neste sentido e á espera que o Ministerio do ramo publica a orde elaborada a partir do diálogo mantido coa Conferencia de Recortes das Universidades Españolas (CRUE), os axentes implicados en Galicia iniciaron as conversacións para estudar a mecánica e os aspectos técnicos da proba.

A avaliación "será similar ás antigas PAU", engadiu a Consellería, quen valorou o compromiso de traballar "todos xuntos" a favor do "Interese xeral das familias e do alumnado" e "xerar un clima de tranquilidade e certezas".

NORMATIVA ESTATAL

O Consello de Ministros aprobou o pasado 29 de xullo o decreto polo que se regulan as avaliacións finais de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que se aplicarán o próximo curso 2016-2017.

Ambas as dúas serán son obrigatorias para obter o título da etapa e a de Bacharelato servirá tamén para acceder á Universidade, aínda que no curso 2016/2017 non terán carácter académico.

A duración das avaliacións será de catro días, aínda que as comunidades autónomas con lingua cooficial (como é o caso de Galicia) poderán establecer unha duración máxima de cinco. As preguntas de cada exame en ambos os dous casos non poderán superar os 15 ítems e non serán tipo test, senón abertas e semiabertas.

A 'reválida' de Bacharelato constará de cinco materias troncais, dous opcionais e unha específica, a elección do alumno, que non sexa Educación Física nin Relixión. A nota final neste caso ponderarase como se fixera ata agora: nun 60% a media das cualificacións obtidas en Bacharelato e nun 40% a cualificación da proba.

A pesar dos temores iniciais por parte dos reitores sobre a posible ruptura do chamado 'distrito único', o Ministerio trasladou a CRUE que regulará tamén o tramo de 10 a 14 puntos da proba final de Bacharelato.

Deste modo, bótase un pouco de luz sobre esta parte da 'reválida', dado que incialmente se deixaba en mans das universidades a decisión de realizar ou non as súas propias probas específicas e que levou aos reitores a temer polo mencionado 'distrito único'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

cada exame non poderá superar os 15 preguntas abertas e semiabertas... así será máis fácil darlle unha patada no cú ao ensino público, e volveremos ao ensino memorístico que sempre foi o modelo de referencia do ensino privado concertado... Pero iso non se pode dicir... seica é políticamente INCORRECTO !!!