A Armada investiga a suposta presenza de anisakis en pescada na Escola Antonio de Escaño de Ferrol

Integrantes da Xefatura de Sanidade e o Servizo de Veterinaria da Armada en Ferrol están a realizar análises dunha das mostras das porcións de pescada servidas o 18 de outubro.

Por E.P. | Ferrol | 20/10/2016 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Integrantes da Xefatura de Sanidade e o Servizo de Veterinaria da Armada en Ferrol están a realizar análise dunha das mostras das porcións de pescada servida o pasado martes, 18 de outubro, durante o xantar na Escola de Especialidades Antonio de Escaño, e que, segundo unha denuncia realizada a través das redes sociais, contiña abundante anisakis.

Anisakis en pescada servida presuntamente na Escola Antonio de Escaño de Ferrol
Anisakis en pescada servida presuntamente na Escola Antonio de Escaño de Ferrol | Fonte: Ciudadanos de Uniforme.

Por parte da Armada, a través dun comunicado, asegúrase que se están a "seguir as medidas protocolarias establecidas para estes casos" pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición. ademais, incidiu en que a pescada, que "tras a manipulación inicial aparentaba fresca e de boa calidade, foi cociñada cumprindo as recomendacións" desa mesma axencia no relativo á prevención da anisaquíase.

Segundo alega a Armada, "ata a data non se detectou ningún caso de impacto clínico, problemas dixestivos, urticaria, anafilaxia, suxestivo de infestación" por anisakis.

DENUNCIA NAS REDES SOCIAIS

Foi a través do perfil de Facebook 'Cidadáns de Uniforme' onde se denunciou esta situación, o que motivou máis de 190 comentarios de todo tipo, dende detractores da comida servida na escola militar a outros que destacan a súa calidade.

Ademais, a denuncia aparece co acompañamento de varias fotografías supostamente feitas aos menús servidos. Fontes consultadas estiman que o anisakis atopouse en sete das trescentas porcións servidas.

Así mesmo, algúns dos alumnos aseguraron que as instantáneas poderían ser retocadas para magnificar a situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta