Traballadores de Isolux protestan ante o Parlamento contra o cuarto ERE, que suporá 32 despedimentos en Galicia

O voceiro da asemblea rexeita que a compañía alegue perdas e reivindica ser un equipo "rendible e produtivo"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2016 | Actualizada ás 11:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Traballadores de Isolux-Corsan protestaron este venres ante o Parlamento de Galicia, coincidindo coa sesión de constitución da Cámara, contra o expediente de regulación de empresa (ERE) que formula o grupo, e que suporá, de acordo coas previsións da compañía, 32 despedimentos na comunidade galega, dun equipo de 42 persoas.

En declaracións a Europa Press, o voceiro da asemblea de traballadores de Galicia, Raúl Vermellas, rexeitou "rotundamente" as causas económicas que alega a construtora para acometer este novo axuste, ao destacar que as obras "importantes" e "de todo tipo" que se realizaron na comunidade galega -- entre elas, recentemente, a da depuradora de Lagares en Vigo e a fábrica de tabaco en A Coruña-- "non entraron en perdas".

"O problema é que son perdas derivadas de operacións financeiras de contratos feitos no estranxeiro", criticou, antes de censurar que se"estean a repercutir" eses custos "para xustificar un ERE" a un equipo que "xa tivo os seus recortes", no seu día motivados pola baixada de actividade na construción.

Neste sentido, os traballadores de Isolux-Corsan reivindican ser un equipo "produtivo e rendible", e advirten de que a súa postura na mesa de negociación -- que, en teoría, ten que rematar as súas reunións a semana que vén -- vai seguir sendo de "non ao ERE".

ÁS portas do Pazo do Hórreo achegáronse deputados de distintos grupos para mostrar o seu apoio aos traballadores, que corearon consignas e mostraron pancartas en contra do ERE.

"DESCAPITALIZACIÓN"

A maiores, sobre o contexto no que se move a compañía, Vermellas recordou que á fronte da dirección da empresa estaba ata fai pouco Luis Delso, "inmerso en distintos procesos xudiciais" -- no xuízo da trama 'Gürtel', Francisco Correa desvelou que 'Luis el Cabrón' era Luis Delso, expresidente de Isolux--.

Por iso, fíxose cargo a banca, liderada polo Santander,", á que acusou de estar "facendo un lavado de cara da empresa para vendela", nunha especie de "descapitalización".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta