SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2016 | Actualizada ás 10:18 por EUROPA PRESS
Os fogares galegos nos que todos os seus membros activos están en paro diminuíron en 3.600 unidades no terceiro trimestre en relacón co trimestre anterior (-4,8%), de forma que o total se situou en 72.100.
De acordo coa información que publica o Instituto Galego de Estatísta (IGE) relativa á EPA (enquisa de poboación activa), este número de fogares con todos os seus membros en paro é un 1,4% inferior ao rexistrado no mesmo período do ano anterior (entón había 1.000 unidades máis).
Pola súa banda, a cifra de fogares en que todos os seus membros activos están ocupados aumentou en 13.500 (un 2,4%), ata alcanzar os 570.100. Son 16.300 máis que un ano atrás, o que representa unha suba do 2,9%.
En canto aos fogares en Galicia nos que non hai ningún membro activo, son un total de 342.300, 2.200 menos que no segundo trimestre ( -0,6%) pero 2.600 máis que hai un ano (+0,8%).
En total, hai na comunidade galega, segundo os datos do IGE, 1.088.300 fogares a setembro de 2016, 2.100 máis que a xuño (+0,2%) e 5.700 máis que os que había unha vez concluído o terceiro trimestre de 2015 (+0,5%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.