"La Coruña, con L de Libertad", rechazado nos autobuses urbanos

Coruña Liberal acaba de denunciar que a empresa que xestiona a publicidade dos autobuses urbanos da Coruña rechazou a contratación dunha campaña co lema "La Coruña, con L de Libertad"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/11/2009 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

urbanos de La Coruña ha rechazado nuestra oferta de contratación,

conforme a su tarifa de precios, de una campaña por la cooficialidad

lingüística -que es la regla general- también en la toponimia -que es la

excepción. Una excepción carente de justificación-.

La campaña llevaría el lema "La Coruña, con L de Libertad", y en ella se

explicaría que lo que pretendemos, con el respaldo de asociaciones de

vecinos, comerciantes, cívicas en general  y ciudadanos a título

singular, es la cooficialidad de los nombres en los dos idiomas, allí

donde existen, y no, como hicieron los normalizadores compulsivos,

sustituir el nombre oficial actual, por el expulsado de la

cooficialidad. No es una campaña revanchista, sino reparadora. Pero no

ha sido posible: el que manda en la publicidad de los autobuses públicos

-una extensión directa del poder municipal- ha dicho que nada de

política antes de las elecciones".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

19 Correa

La Coruña, con L de gürteL !!

18 traballador

Con L de lambóns.

O problema da Coruña son certos coruñeses -que non a maioría-que non se queren decatar de que a súa é unha cidade galega máis. Non é a capital, e nin sequera é a meirande das cidades. Só é unha cidade galega máis. É dicir, unha cidade que se encontra en Galicia. E como tal, sometida ás leis que se deben respectar en Galicia. Non só 'no resto de Galicia', senón 'en toda Galicia', o que, sen dúbida ningunha, inclúe a cidade da Coruña.

Esa xentiña que non se quere decatar deste feito tanxible son o verdadeiro problema da cidade. Son unha lacra antidemocrática, contraria ás liberdades e amiga da demagoxia de garrafón con ánimo de fagotizar, ideoloxicamente falando, o seu contorno para facérense fortes e de aí tratar de saltar ao poder en María Pita para conferirlle á Coruña un suposto status diferencial e privilexiado de cidade-polis colonial ao máis puro estilo de Xibraltar con respecto ao Reino Unido. Évos así, no fondo, e, tristemente, non hai máis.

17 anónimo

Para min que con este tema o que queren algúns é montar bulla para esquecer os problemas reais dos cidadáns.
E si non vos decatades, fixádevos que está feito ao mellor estilo Paco Vázquez, cando lle sacaban un tema da súa considerable fortuna, casas e demáis, sacaba un destes temas, saía poñendo os cornos no estadio, dicía aquelo de sarna para los demás ou cantaba o La La La.

Non che hai como xogar ao despiste. Propoñede a esas asociacións de veciños que, de paso, asinen contra o cobro de complementos de altos cargos, explicando o tema. Veríades, como dí o tal Clariño, como toda Coruña estaría en contra: Clamor popular.

16 Xabier

Flipo cos desta asociación, nótase que non colleron un bus urbano da Coruña na súa puñeteira vida, eu, en troques, casi tódolos días.

A publicidade fixa dentro do bus está en castelán, o mesmo que a dos monitores de TV instalados dentro. A voceciña que avisa da seguinte parada é en castelán, os cartaces informativos da compañía están nese mesmo idioma, o mesmo que as tarifas e tamén os paneis das paradas. O único galego que se escoita é o dos buseiros e unha grande parte dos usuarios...

E saen estes dicindo que o que manda na publicidade dos autocarros públicos é unha extensión directa do poder municipal?

15 Pardo de Cela

Pido en nome da inmensa maioría de cidadans angloparlantes que o nome da nosa cidade no sucesivo sexa
The Angels.
Carlos Marcos alcalde xa!